Jueves, 11 de Septiembre de 2025

Xornal21.es
Lunes, 23 de Marzo de 2020 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A Deputación de Pontevedra axiliza os pagos a empresas e proveedores

A presidenta Carmela Silva asina unha orde dirixida a tódalas Xefaturas de Servizo da institución no marco das actuacións realizadas para combater os efectos do coronavirus

As xefaturas de tódolos servizos administrativos da Deputación de Pontevedra recibiron  unha instrución, asinada pola presidenta, Carmela Silva, para apurar ao máximo a tramitación do pago de tódalas obrigas con provedores e empresas. A medida ten por obxecto colaborar ata o límite do que permita a normativa económico-financeira na liquidez das empresas e autónomos que realizan obras, subministracións ou prestan servizos á Deputación.


A instrución, que tamén foi comunicada á Intervención e Tesourería, supón todo un reto, pois a Deputación de Pontevedra xa é unha das Administracións públicas que máis rápido realiza os seus pagos en toda España, segundo os indicadores do Ministerio de Hacienda. Os últimos datos publicados, correspondentes ao trimestre final de 2019, indican que o período de pago medio oscilou entre os 11 días, de outubro, os 7 días de novembro e os 9 días de decembro.

 

 

 

 

A Deputación de Pontevedra, que pagou en menos de 10 días de media no pasado mes de decembro de 2019, é unha das administracións máis rápidas do Estado

 

 

 


Carmela Silva afirma ser consciente do desafío que supón reducir aínda máis estes prazos, pero sinalou que “a Instrución era necesaria diante do escenario aberto tralo decreto de alarma, que supón un cambio no modelo de traballo de tódalas administracións”. A presidenta insistiu en que aínda que todo o persoal da Deputación está a cumprir escrupulosamente coas súas obrigas, era necesario unha instrución específica no relativo aos períodos de pago, “porque estamos a falar dun asunto moi sensible e que afecta directamente á supervivencia do tecido produtivo da nosa provincia”. “Hai procedementos, dixo, que poden agardar porque agora hai unhas prioridades moi concretas e entre elas, sen dúbida algunha, está a máxima axilización dos períodos de pago”.


Finalmente, Silva insistiu en que tódalas persoas físicas ou xurídicas deben tamén esforzarse en presentar canto antes e correctamente as súas facturas e certificacións polos traballos executados, ao obxecto de que non sexa necesario reclamar documentación adicional e poder así apurar os trámites para que os pagamentos sexan librados coa rapidez desexable.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.129

Todavía no hay comentarios

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.