SALVATERRA DE MIÑO
O Concello de Salvaterra intensifica o contacto coa poboación máis vulnerable
O Concello de Salvaterra de Miño a través do departamento de Servicios Sociais e da propia Alcaldesa, Marta Valcárcel, están intensificando o contacto coa poboación máis vulnerable para que estean o mellor atendidos nestes momentos de illamento.
Por un lado todas aquelas persoas, no caso de Salvaterra de Miño, máis de 60 usuarios de axuda a domicilio, coordinouse coa empresa que sexan as propias auxiliares as que lle fagan a compra e lle acheguen os medicamentos que necesiten., nos casos que sexan necesario
Por outro lado estase chamando a todas as persoas que son usuarias de teleasistencia e están en listaxe de agarda en SAF, que se encontren en situación de vulnerabilidade para porse a súa disposición.
Estase reorganizando a entrega de alimentos a través do Banco Municipal de Alimentos para atender a todas as familias do servicio dunha forma áxil e segura.
Ademais faise un chamamento a poboación para que se poñan en contacto co departamento de Servicios Socias se coñecen algún caso que precise axuda. Recordamos o teléfono 697911050.
Por último a Alcaldesa quere agradecer a todo o persoal do Concello o seu traballo nestes días tan complicados, así como a todos os veciños e veciñas de Salvaterra que durante estes días se están ofrecendo para axudar no que faga falla, “estamos demostrando que somos un gran equipo, do que me sinto moi orgullosa”.
Quedan días por diante complicados, que nunca pensamos vivir, pero temos que seguir sendo precavidos, quedando na casa e pondo todos da nosa parte, porque xuntos conseguirémolo.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.213