Miércoles, 25 de Febrero de 2026

Actualizada Miércoles, 25 de Febrero de 2026 a las 19:38:51 horas

Xornal21.es
Martes, 24 de Marzo de 2020 Tiempo de lectura:
NIGRÁN

Nigrán ofrece a residencia de tempo libre de Patos en caso de necesidade

Ante a posibilidade de que se precisen máis lugares para a atención sanitaria, o goberno local propón este espazo xa dotado e sen actividade ata o mes de xuño

O Concello de Nigrán, ante a petición do Ministerio de Sanidad para que os concellos notifiquen espazos potenciais no seu territorio para a atención sanitaria ante a crise do Covid-19, referíu a Residencia de Tempo Libre de Patos como un lugar idóneo, xa que é un lugar xa dotado, está sen actividade ata xuño, e dispón de camas e habitacións individuais, así como cociña industrial e comedor.

 

“No caso de Nigrán hai esta instalación que cumpre con todas as indicacións que desde o goberno de España están a requirir: centros sociais, de día ou residencias que foran desaloxadas e con potencial para ser habilitados”, indica o alcalde, Juan González, quen incide en que é unha residencia fronte ao mar, totalmente accesible, con 150 prazas, e habitacións individuais, de 2 e 3 camas... Todo elo foi indicado e referido na contestación feita este mesmo luns ao Ministerio de Sanidad. “Trátase dun lugar que precisamente está infrautilizado pola Xunta, quen o xestiona, está pechado de setembro a xuño, e tanto traballadores como Concello cremos que non ten sentido esa situación”.

 

“Ogallá que non sexa preciso empregala, pero desde Nigrán temos a sorte de poder colaborar nesta crise con este espazo que xa está dotado e que non ten actividade algunha”, finaliza.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.151

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.