GALICIA
A calidade: o selo dos alimentos de Galicia
Os mellores produtos do agro e do mar producidos de xeito artesanal
A comunidade autónoma galega é a terceira de España con máis produtos de calidade certificados, así contamos xa con ata 36 selos de denominación de orixe ou indicación xeográfica protexida. Por iso, a comunidade galega non se entende sen a súa gastronomía e, de feito, esta constitúe un dos principais atractivos da súa ampla oferta turística.
Estas producións do campo galego víronse potenciadas nos últimos anos de forma cualitativa e cuantitativa grazas á dinamización dos coñecidos como produtos de calidade. Trátase de recursos alimentarios que constitúen unha das mellores ferramentas das que dispón o medio rural desta comunidade para asegurar o seu futuro, emprender novas vías de desenvolvemento e, mesmo, reinventarse.
Proxección internacional
Coa posta en valor dos produtos de calidade, a través das denominacións de orixe protexidas (D. O. P) e das indicacións xeográficas protexidas (I. X. P.), os produtos galegos alcanzaron unha nova dimensión, máis competitiva no mercado, atractiva para o consumidor e con todas as garantías de que o produto que se ofrece pasou rigorosos controis de calidade, como mostra do seu especial coidado no proceso de produción e comercialización.
A esencia gastronómica de Galicia en 36 produtos
Viños e augardentes
Galicia conta con cinco denominacións de orixe de viño (Ribeiro, Valdeorras, Rías Baixas, Ribeira Sacra e Monterrei). Cada unha cunha personalidade ben definida, pero todas cun denominador común: a calidade e a vinculación moi directa co territorio. Cabe tamén destacar os viños con indicación xeográfica protexida Viños da Terra, dos que contamos con catro: Barbanza e Iria, Betanzos, Val do Miño-Ourense e Ribeiras do Morrazo.
A comunidade autónoma destaca tamén pola riqueza e variedade das súas bebidas espirituosas como o augardente de herbas, o licor de herbas e o licor café, bebidas todas elas que forman parte inseparable do imaxinario colectivo desta terra.
![[Img #61582]](https://xornal21.com/upload/images/03_2020/4354_foto-n2-poner-en-carnes.jpg)
Carnes
As carnes de Galicia sempre gozaron de prestixio e recoñecemento. No caso do vacún, existe un selo de calidade: Ternera Gallega, a indicación xeográfica máis importante no sector cárnico español.
A protección destas producións viuse potenciada nos últimos tempos coa creación da Indicación Xeográfica Protexida ‘Vaca galega’ e ‘Boi galego’. Esta IXP naceu en 2017 para protexer e amparar o sector e ofrecer un produto tan relevante como a carne de vacún maior, garantindo a súa orixe e calidade, igual que vén facendo desde hai 30 anos con Ternera Gallega.
Además destaca no sector cárnico de porcino galego o ‘lacón gallego’ e, no ámbito avícola, o tan coñecido ‘capón de Vilalba’.
![[Img #61581]](https://xornal21.com/upload/images/03_2020/3978_foto-n3.jpg)
Lácteos
Un dos puntos fortes de Galicia é o relacionado coa produción láctea, así destacar o selo de “Galega 100%”, que garante a excelencia do produto e que este, ademais, ten como orixe explotacións da comunidade autónoma.
Outros productos galegos que destacan tamén pola súa calidade son os seus queixos, con catro denominacións de orixe protexidas: Arzúa-Ulloa, Cebreiro, Tetilla e San Simón da Costa. Cada un ten a súa propia personalidade, pero todos coinciden en ofrecer ao consumidor un produto feito co máximo esmero e a partir dunha materia prima de gran calidade.
Outros produtos
Tamén merece especial recoñecemento a calidade contrastada dos pementos que se producen en Galicia, os de Herbón, O Couto, Oímbra, Arnoia e Mougán. Son cinco tipos diferentes e amparados baixo un selo dunha denominación de orixe, no caso do primeiro, e de indicacións xeográficas protexidas nas restantes.
Os grelos de Galicia son outro dos produtos da horta galega con calidade amparada por un indicativo específico, coa vista posta nunha maior proxección fóra da comunidade autónoma.
As castañas, as patacas ou o mel producidas en Galicia tamén contan con recoñecemento especial pola súa calidade. En canto á castaña, a zona de orixe deste produto –inseparable do outono galego– abarca a maior parte do territorio de montaña, mentres que no caso do mel de Galicia, a súa área de produción esténdese por toda a autonomía. A apicultura constitúe ademais un elemento importante da etnografía en Galicia, onde perviven construcións tradicionais vinculadas a esta produción artesanal.
A IXP pataca de Galicia ampara outra referencia da despensa galega e ten a súa zona de produción repartida nas subzonas de Bergantiños, Terra Chá, A Mariña e Lemos e A Limia.
Pola súa banda, a faba de Lourenzá ou o pan de Cea, entre outros, asocian o nome da súa zona de produción ao do produto. O cultivo da faba de Lourenzá abarca o territorio costeiro da provincia de Lugo e con este distintivo déuselle nome propio a esta variedade. Ademais, o pan de Cea, xunto coa tarta de Santiago, son os dous produtos galegos do sector de panadería e pastelería que contan con distintivo de calidade. A zona de elaboración da tarta é toda Galicia, mentres que no caso do pan correspóndese co municipio ourensán de San Cristovo de Cea.
Ademais, hai que destacar o recente recoñecemento europeo para a Indicación Xeográfica Protexida pan Galego. Un novo selo que supón unha oportunidade para protexer e poñer en valor un produto tan típico da gastronomía galega.
Precisamente, a aprobación definitiva deste selo deu por finalizada unha vella aspiración dos panadeiros galegos, que vían necesaria a creación deste indicativo para facilitarlle aos consumidores a identificación no mercado do auténtico pan galego.
A Agricultura Ecolóxica –unha denominación que, a diferenza das demais, non ten carácter xeográfico– é outro indicativo de calidade que rexistrou un gran desenvolvemento nos últimos anos en Galicia. Trátase dun sistema de produción de alimentos baseado nun escrupuloso respecto ao medio ambiente, o benestar animal e o mantemento e mellora da fertilidade do chan.
En definitiva, Galicia ofrece un amplo abanico de produtos alimentarios de extraordinaria calidade e por tanto o seu poderío gastronómico está fóra de toda dúbida, sobre todo cando esta magnífica despensa –cualificada por Álvaro Cunqueiro como a de maior “amplitude” de Occidente– ponse en valor grazas ao magnífico traballo dos grandes cociñeiros e cociñeiras desta terra.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149