NIGRÁN
Nigrán desinfecta os contedores de lixo do municipio
A concesionaria Cespa limpa cun vehículo especial todos os contedores, tanto exterior como interiormente
O Concello de Nigrán, a través da concesionaria de limpeza Cespa, incrementou a desinfección dos contedores para que esta non se limite só ao exterior e inclúa o interior. Así, nestes días, os operarios empregarán un vehículo especial lavacontedores para desinfectar profundamente todos (os de formato pequeno non se adaptan ao vehículo e se limpan con outra maquinaria especial) e realizarán esta labor periodicamente.
A maiores desinfecta mobiliario urbano como marquesinas e acceso a tendas, supermercados, farmacias ou centros de saúde
O Concello deu ordes a inicios da crise do Covid-19 de aumentar a desinfección de todo o mobiliario urbano do municipio, incluído contedores e con especial atención ás marquesinas e bancos onde as persoas agardan ao autobús. Desde a semana pasada, tamén a requerimento do Concello, estes traballos se complementan coa desifencción de accesos a supermercados, froiterías, panaderías, farmacias e centros de saúde.
“Todas as zonas consideradas sensibles, que son aquelas nas que se concentra xente, recibirán unha desifencción periódica co fin de evitar calquera posible propagación do virus. Nunha situación como a que estamos a vivir todas estas medidas son especialmente importantes”, sinala Juan González, alcalde de Nigrán.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.151