MOS
O Concello de Mos habilita a tarxeta “Mos Axuda-producto fresco”
Trátase dunha tarxeta monedeiro para que 70 familias usuarias dos Servizos Sociais municipais poidan adquirir alimentos frescos de primeira necesidade nos supermercados mosenses
A concellería de Política Social do Concello de Mos ven de crear a tarxeta monedeiro “Mos Axuda-producto fresco” para que 70 familias mosenses usuarias deste departamento poidan adquirir alimentos frescos de primeira necesidade como froitas, verduras, peixe, carne, embutidos… etc. nos supermercados do municipio.
![[Img #61716]](https://xornal21.com/upload/images/03_2020/1878_img-20200327-wa0024.jpg)
Entregarase unha tarxeta por familia cunha contía económica que depende do número de integrantes da unidade familiar, xa que hai unha cantidade monetaria asignada por persoa. A tarxeta é anónima, simplemente co nome do supermercado en cuestión rotulado e cun número de DNI do beneficiario/a asignado, para non xerar prexuízos nin estigmas sociais ás persoas receptoras da mesma. Deste xeito a tarxeta non identifica ao portador/a como usuario dos Servizos Sociais.
A entrega realizarase a domicilio a vindeira semana, xunto cunha partida de 7.500 quilos de alimentos doados pola Cruz Vermella ao banco de alimentos de Mos Axuda. Neste reparto de alimentación inclúense productos varios non perecedeiros como aceite, pasta, conservas, cacao soluble, azucre, fariña, tomate frito, galletas… etc. Ademais do stock xa preexistente no almacén de Mos Axuda entregaránselle ás familias con nenos/as pequenos/as potitos e cereais. O reparto farao o equipo humán de voluntarios de Mos Axuda, incrementado nestes días polo chamamento á colaboración derivado da crise do COVID-19.
![[Img #61717]](https://xornal21.com/upload/images/03_2020/9630_img-20200327-wa0023.jpg)
Por outra banda a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira de Política Social mosense, Sara Cebreiro, lembraron que “as traballadoras sociais do Concello de Mos continúan a traballar ao cen por cen e a pleno rendemento, polo que se algún/unha veciño/a se atopase en situación de emerxencia para a súa subsistencia durante estes días pode poñerse en contacto con elas no teléfono do departamento municipal: 986 33 72 78”. E é que desde a concellería de Política Social estase detectando nestas dúas últimas semanas un incremento das carencias e deficiencias nas necesidades básicas de alimentación nalgunhas familias de Mos a causa dos problemas laborais que está acarreando esta crise sanitaria do COVID-19.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.58