Lunes, 23 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Domingo, 29 de Marzo de 2020 Tiempo de lectura:
MOS

Mos reparte en día e medio 900 mascarillas e 3.500 luvas

Recibírono traballadores municipais e das empresas concesionarias do Concello, residencias, Centro de Saúde e 60 establecementos que prestan atención ao público

O xoves pola tarde comezou o reparto de material sanitario de protección (luvas e mascarillas) doado pola Xunta de Galicia e tres empresarios de Mos: Pablo Alonso Serodio, Camilo Grandal e Manuel Ferreira.


Durante todo venres continuaron os labores de distribución deste material que quedaba entregado antes da fin de semana.


En total cóntase nos almacéns municipais para o seu reparto entre quen máis o necesita con 900 mascarillas e 3.500 luvas, que están a ser repartidas polos/as traballadores/as do Servizo Municipal de Emerxencias de Mos e polos Voluntarios/as da Agrupación de Protección Civil de Mos.


O reparto realízase entre traballadores municipais, persoal das empresas concesionarias que prestan servizos do Concello, residencias de maiores do municipio, Centro de Saúde, Escravas da Virxe Dolorosa e uns 60 negocios locais que prestan servizos de primeira necesidade con atención ao público (alimentación, farmacias, estancos…).

 

 

 

 

O material aportárono a Xunta e tres empresarios mosenses

 

 

 


A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, quixo “agradecer enormemente tanto tanto ós/ás que nos facilitaron o material como ós/ás que o recibiron, aos primeiros/as pola xenerosidade nestes momentos de crise e ós/ás segundos/as por seguir a traballar a pesar das circuntancias, primando o ben común ao interese propio”.


Nestes intres o material sanitario de protección, produtos como luvas e mascarillas, trátanse de elementos vitais para dotar ao persoal máis exposto ao virus durante a súa xornada laboral como son as os/as traballadores/as do Servizo de Axuda no Fogar, os/as axentes da Policía Local de Mos, Servizo Municipal de Emerxencias, voluntarios/as da Agrupación de Protección Civil, persoal de limpeza… etc.


E tamén para os profesionais mosenses que están a prestar servizos de primeira necesidade e traballando cara ao público (alimentación, panaderías, farmacias, estancos…) e están a sufrir a carencia destes elementos de protección. Trátase, en definitiva, dun material vital e imprescindible nestes días.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.58

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.