GALICIA
Os xulgados de garda galegos empregan a videoconferencia para as declaracións dos detidos
Comunícanse coas comisarías e comandancias grazas á plataforma da Xunta, á que tamén se poden incorporar os avogados
Os xulgados de garda das cidades galegas están a empregar a videoconferencia, a través da plataforma da Xunta, para tomar as declaracións dos detidos.
Así, comunícanse coas comisarías e comandancias para realizar a videoconferencia, á que se poden incorporar tamén os avogados desde onde estean. Este sistema pode ser empregado por calquera xulgado que así o requira.
Ademais de poder empregar esta plataforma, a Xunta está a poñer en marcha outros recursos a disposición da Administración de Xustiza ante a epidemia do coronavirus, actuacións que se toman en acordo co Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG).
A Xunta está a poñer en marcha un abano de medidas na Administración de Xustiza fronte á epidemia do coronavirus, como o reparto de material ou a instalación de mámparas nos rexistros civís
Así, ao longo destes días estase procedendo á instalación de mámparas de metacrilato nos rexistros civís dos partidos xudiciais e nos xulgados de paz da nosa comunidade co obxectivo de evitar o contacto entre traballadores e usuarios, así como tamén se están repartindo unhas 700 mascarillas lavables e confeccionadas en Galicia destinadas ao persoal destinado ás gardas, servizos comúns de notificacións e embargos, xulgados de paz, servizos de atención á vítima e rexistros civís. Este material únese aos guantes e ao xel hidroalcohólico que o Goberno galego xa está a distribuír en tódolos servizos con atención ao público como é o caso tamén dos xulgados.
Cómpre recordar tamén que a Administración autonómica modificou os servizos esenciais nos xulgados e tribunais galegos debido á evolución do COVID-19. Así, a Xunta reduciu o número de funcionarios da Administración de Xustiza que ata agora estaban a cubrir estes servizos mínimos de forma presencial para atender as dilixencias urxentes, tal e como se acordou na comisión de seguimento co TSXG.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149