Viernes, 16 de Enero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Domingo, 29 de Marzo de 2020 Tiempo de lectura:
CORONAVIRUS | Pontevedra

Carmela Silva solicita ao Vicepresidenteda Xunta 200.000 mascarillas

A Deputación de Pontevedra púxose onte “a total disposición da Xunta de Galicia, como administración competente, para colaborar “nun reparto máis eficaz, obxectivo e equitativo” de material sanitario nos concellos da provincia, “conscientes das dificultades que está atravesando o goberno galego para facer unha distribución equilibrada que estea a dar resultados”.

 

O goberno que preside Carmela Silva, seguindo na liña de “absoluta cooperación” para facer fronte á crise sanitaria do coronavirus e atendendo tamén “a desesperación de alcaldes e alcaldesas ante a falta de material”, aceptou a petición do Vicepresidente galego de que as deputacións participen na distribución do material.

 

Por todo elo, nunha carta que remitirá este luns a Alfonso Rueda, a Deputación solicitará 200.000 mascarillas e outro material sanitario, “para comezar canto antes o reparto entre os concellos da provincia de Pontevedra”. O goberno provincial explicou que a información que tiña ate agora era que a distribución de mascarillas só podía facela a Xunta ao través dos Postos de Mando Avanzados. Sen embargo, “se nos piden axuda para botar unha man, como estamos a facer con todas as administracións, aí estaremos e máis cando nos están a enviar tantas comunicacións os alcaldes e alcaldesas da provincia, ante a situación de que non lles está a chegar o material e que o que chega é insuficiente ou incluso de mala calidade“.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.