CORONAVIRUS | Vigo
355 denuncias en Vigo por incumprir o confinamento
O alcalde advirte dos controis para os vehículos que entran e saen da cidade e pide cautela á cidadanía e respecto ao decreto de alarma para protexer a saúde propia e a dos demais.
Abel Caballero detallou que so na xornada do xoves a Policía Local denunciou a 32 persoas por incumprir o Real Decreto do estado de alarma, “unha lixeira baixada” respecto a xornadas anteriores. Amais, identificáronse 139 persoas na rúa e 280 coches.
Así, desde o 16 de marzo, a Policía Local sancionou a 355 persoas que ían pola rúa infrinxindo o confinamento. “Son 355 denuncias para coidar a saúde dos 355 infractores e dos case 300.000 que cumpren coa norma”.
O rexedor explicou que durante a fin de semana haberá controis policiais para os vehículos que entren e saian de Vigo porque “salvo cuestións de urxencia non se pode saír da cidade, debemos quedar confinados na casa e saír o imprescindible”, lembrou apelando á cautela cidadá para respectar o confinamento “porque ninguén está libre de contaxiar e ser contaxiado”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217