PROVINCIA
A Deputación de Pontevedra disposta a repartir directamente o material sanitario da Xunta
Tras a petición da Xunta da participación das deputacións, o goberno de Carmela Silva envía una carta á Fegamp e aos concellos para informar que “se a Xunta está desbordada, estamos en disposición de encargarnos da distribución do material”
A Deputación de Pontevedra informou este domingo, nunha carta á Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) e aos concellos da provincia, que ante o recoñecemento explícito da Xunta de Galicia da súa necesidade de axuda no achegamento do material sanitario aos concellos, e a súa renuncia á competencia exclusiva da repartición, a institución provincial está en disposición de encargarse directamente da distribución dos equipos e material de protección.
Como xa anunciou onte, a Deputación de Pontevedra, como administración máis preto dos concellos, pode asumir se a Xunta está desbordada a garantía e O achegamento eficaz de todos os equipos de protección aos alcaldes e alcaldesas, “que nos están a trasladar a súa impotencia pola falta de material, e porque en moitas ocasións o que está achegar desde a Xunta de Galicia non está en condicións de ser utilizado”.
Así, tendo en conta que a Xunta renuncia a súa competencia exclusiva na repartición do material, a institución provincial remitirá este luns unha carta ao goberno do Estado para que, en aras da colaboración entre administracións coa Xunta e co Ministerio de Sanidade, envíe directamente ás deputacións o material de protección, co firme compromiso de facelo chegar a todo o territorio. A Deputación de Pontevedra está en plenas condicións, de distribuír con eficacia máscaras, luvas, epis e todo o material sanitario destinado aos municipios e, tras verse superada a Xunta, tamén está en disposición de encargarse de recepcionar directamente os recursos.
A Deputación informará este luns ao goberno do Estado da súa disposición a recibir directamente os equipos de protección para facelos chegar ao territorio
A proposta da administración provincial xurde tras a comunicación da Xunta na que pediu a participación das deputacións galegas. O goberno provincial de Carmela Silva sinalou que “a pesar de que ate agora era unha competencia directa da Xunta de Galicia que creou os postos de mando avanzados, comprendemos as dificultades que teñen para achegar aos concellos o material sanitario porque a situación é moi complexa”.
Por iso, “poñémonos á disposición do goberno de España e da FEGAMP como entidade canalizadora das solicitudes dos concellos, para poder responder con rapidez á petición do vicepresidente da Xunta de Galicia”. Na carta aos concellos, a Deputación de Pontevedra expresa que “confiamos en que o traballo coordinado de todas as entidades locais axude a mellorar esta terrible situación que estamos a vivir xa que consideramos que somos entidades vitais para enfrontar esta crise”.
Po outra banda, a Deputación de Pontevedra recordou aos concellos as liñas extraordinarias de axudas postas a disposición dos municipios, e trasladou aos alcaldes e alcaldesas que os servizos técnicos están a traballar contra reloxo para liberar os 4 millóns de euros que xa se están a solicitar á institución provincial para garantirlles maior liquidez para poder paliar as necesidades da súa veciñanza.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149