MOS
A Policía Local felicitará aos cativos que cumpran anos durante a corentena
A Policía Local emprendeu onte a iniciativa de felicitar no seu domicilio aos cativos mosenses menores de 10 anos o día do seu aniversario ás 20.00 horas da tarde
En momentos tan duros e de incerteza como os que estamos a vivir, cómpre que as administracións e os Corpos e Forzas de Seguridade potencien o seu lado humano, sensible e empático, especialmente co sector da poboación que máis está a achacar as circunstancias de encerro, os nosos cativos, porque na meirande parte dos casos non comprenden a situación de confinamento e surxen reaccións de frustación, tristura, enfados, rabietas... Por iso desde o Concello de Mos, a iniciativa da Policía Local, surxiu a idea e a vontade de volcarse nos máis pequenos e facerlles que o día a día sexa o máis ameno posible.
Para elo os axentes locais de Mos iniciaron onte unha iniciativa moi emotiva á par que divertida e innovadora: acudir ao domicilio dun neno que se atopaba de aniversario para felicitalo coas luces e sirenas do seu coche patrulla. A acción produciuse ás 20.00 horas da tarde e, neste caso, o pequeno cumpría 3 aniños, e acudiuse a felicitalo a petición da súa nai.
A partir de hoxe calquera familia mosense con nenas e nenos de ata 10 anos de idade que cumpran anos poden sumarse a esta iniciativa da Policía Local de Mos. os axentes realizarán as felicitacións dentro das súas labores de patrullaxe diarias.
Dado que a poboación infantil de Mos nese rango de idades non é tan extensa, e aproveitando que as patrullas locais mosenses atópanse todo o día na rúa, os axentes da Policía mosense decidiron poñer en marcha esta iniciativa, xa que ademais da seguridade cidadá, en momentos de crise coma este, tamén é importante a ledicia dos cativ@s, que son un dos colectivos que máis está a sufrir este confinamento.
Os pais e nais mosenses que queiran solicitar que a Policía Local pase a felicitar ao seu fillo no seu aniversario poden facelo escribindo ao enderezo de correo electrónico policia@concellomos.es especificando o nome do cativo, a dirección do seu domicilio, un número de teléfono de contacto e a data do aniversario.
A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, aproveitou hoxe para darlle as grazas á Policía Local "por estar día tras día nas rúas, para protexernos e axudarnos en todo o que está nas súas mans. Polo seu exemplar labor nestes duros momentos de crise e o seu interese e empatía para tentar arrincar sorrisos infantís durante intres especialmente complicados e incomprensibles para os pequenos". A rexedora local tamén lle agradeceu "ás familias dos pequenos que nos fagan partícipes da celebración dos cumpreanos dos seus fillos".

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.58