SALCEDA DE CASELAS
Solidariedade en Salceda para facer fronte ao coronavirus
A Alcaldesa de Salceda, Loli Castiñeira, xunto co seu equipo de goberno queren facer público o seu agradecemento ás múltiples mostras de solidariedade que están a recibir nestes días a través das diferentes canles das que dispón o Concello, e que son exemplo da boa predisposición do conxunto da sociedade salcedense na loita contra o COVID 19.
Así, nestes días de confinamento, as redes sociais do Concello serven de medio de agradecemento a todas estas achegas, como a que veñen de realizar un grupo de mulleres de Salceda, que nestes días están a elaborar mascarillas reutilizables cos seus propios medios, e que a través do Concello serán postas a disposición dos colectivos que máis as precisan por ser os máis expostos: servizos médicos, residencias de maiores, servizos de limpeza e de recollida de lixo, policía local, protección civil, etc.
Dende o Concello queren tamén agradecer enormemente a solidariedade dun dos salcedenses máis coñecidos, Denis Suárez, que ven de facer unha importante achega económica para productos alimentarios frescos que será canalizada a través dos servizos sociais entre as familias máis vulnerables nestes momentos. O futbolista fixo ademáis doazón de material de protección aos servizos médicos, amosando unha vez máis a súa enorme solidariedade.
![[Img #61807]](https://xornal21.com/upload/images/03_2020/4048_proteccion-civil-2.jpg)
Importantísimo traballo altruista é tamén o que están a desenvolver os voluntarios e voluntarias de protección civil, con innumerables horas de traballo adicadas ao servizo público durante todo o ano, pero especialmente nestes momentos. Protección Civil está a realizar tarefas de apoio ás persoas máis vulnerables ou tarefas de limpeza e desinfección de espazos e mobiliario público. Ademais aproveitan as súas saídas para dar mensaxes de ánimo á poboación e facer máis amena a estancia nas casas.
Por outra banda, son numerosas as empresas e persoas que se puxeron a disposición do Concello para o que poida ser preciso, unindo deste xeito os esforzos de todos e todas para poder saír desta crise canto antes.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.218