CORONAVIRUS | Vigo
A Xunta envia esta semana a Vigo máis de 15.400 mascarillas e 30.000 guantes
O reparto lévase a cabo desde a plataforma loxística posta en marcha para axilizar o proceso e evitar desprazamentos aos concellos
A Xunta repartirá esta semana máis de 45.700 unidades de material de protección na cidade de Vigo. En total, serán 15.492 mascarillas, 30.000 guantes e 246 traxes. O Goberno xa repartiu material de protección no 98% dos concellos galegos e esta semana chegará ao 100% dos municipios cun novo envío ás sete cidades, ás que distribuirá case 190.000 unidades.
Desta forma, as sete cidades recibirán nestes días 63.000 mascarillas, 1.000 traxes e 122.000 guantes. Todo o material distribuirase directamente desde a plataforma loxística que a Xunta vén de poñer en marcha para axilizar o proceso e centralizar a adquisición e o reparto de equipos de protección individual durante o estado de alarma e a emerxencia sanitaria polo coronavirus. Así, levarase o material directamente aos concellos para evitar desprazamentos.
No reparto, priorizouse inicialmente aos concellos pequenos e medianos xa que dispoñen de menos recursos. A Administración autonómica ten previsto que a cifra de unidades de protección adquiridas directamente pola Xunta e repartidas aos concellos ascenda a finais desta semana a 685.000, en concreto, 472.000 guantes, 185.000 mascarillas, 12.000 traxes e 16.000 batas.
Os criterios de reparto están consensuados coa Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) e realízanse en base a criterios obxectivos tendo en conta a poboación, o número de casos positivos, o número de efectivos de Policía, o número de voluntarios de Protección Civil, e o número de horas do servizo de axuda no fogar.
Con esta medida, Goberno galego pretende dotar do equipamento necesario ás entidades locais para que o persoal dos servizos municipais involucrados na loita contra a expansión do coronavirus e que seguen a traballar como é o caso de Protección Civil ou os servizos de axuda no fogar para que conten co material de protección que precisan.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217