Domingo, 22 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Miércoles, 01 de Abril de 2020 Tiempo de lectura:
MOS

Mos paraliza sen data todas as liquidacións tributarias

O Concello anunciou hoxe novas medidas que se suman ás xa adoitadas o pasado 23 de marz

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o concelleiro mosense de Facenda, Alberto Méndez, anunciaron hoxe que ás medidas tributarias tomadas o pasado 23 de marzo como consecuencia da crise do COVID-19, engádense agora novas medidas para axudar aos contribuíntes na delicada situación que a poboación xeral está a sufrir. Trátase da paralización sen data das liquidacións e de bonificacións dos impostos IBI (Imposto de Bens Inmobles) e IAE (Imposto de Actividades Económicas).

 

Deste xeito os representantes municipais Arévalo e Méndez informaron de que durante a vixencia do estado de alarma non se iniciará o período voluntario de pago de ningunha liquidación. E bonificaranse impostos o como o IBI e o IAE.

 

E inícianse os procedementos de devolución de oficio das partes proporcionais das taxas vencelladas a actividades económicas que por mor da crise do coronavirus non se teñan realizado ou se teñan visto mermadas (como por exemplo furanchos, etc.).

 

 

 

 

Ademais bonificará impostos como o IBI e o IAE

 

 

 

 

Ademais suspéndese tamén o cobro das taxas pola prestación dos servizos de Axuda no Fogar e o terceiro trimestre da taxa de uso de instalacións deportivas para escolares.

 

A nova data de inicio do período voluntario de pago será  de 30 días naturais unha vez finalice o estado de alarma con relación ao primeiro devengo suspendido  e en 30 días naturais dende esa data para o segundo. Seguirase este criterio e periodicidade se houbera máis mensualidades afectadas.

 

Desde o Concello lémbrase tamén que o imposto de rodaxe, IVTM, queda retrasado. Pasando a data do inicio de cobro do 1 de xuño ao 1 de xullo. E ampliando o prazo de pago de 2 a 3 meses, polo que os contribuíntes terán do 1 de xullo ao 30 de setembro para facer o pago.

 

O prazo de presentación de solicitudes de domiciliación do sistema ordinario (1 pago) ou domiciliación do sistema especial de pagos (2 fraccións ou pagos) poderá presentarse ao  longo de todo o exercicio, entendéndose que surtirá efectos para o ano en curso, sempre que, para o IVTM se presentase antes do 25/06/2020.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.58

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.