MOS
Mos realiza entre 500 e 600 desinfeccións á semana
Entre as zonas desinfectadas atópanse 60 fontes, 350 exteriores de locais comerciais e 105 marquesinas semanais, entre outras actuacións excepcionais necesarias que van surxindo puntualmente
O Concello de Mos realiza máis de 515 desinfeccións semanais durante a presente crise do COVID-19. Esas desinfeccións realízanse entre persoal municipal e a empresa concesionaria do servizo de limpeza.
A cifra de 515 desinfeccións semanais (de luns a venres) desglósase do seguinte xeito:
- 60 fontes desinfectadas á semana por operarios municipais.
- 70 exteriores de locais comerciais desinfectados ao día (350 á semana):
- 49 realízaos a empresa Urbaser diariamente.
- 21 realízanos operarios do Concello de Mos diariamente.
- Unha media de 21 marquesinas desinfectadas por traballadores do Concello ao día (105 á semana).
Estas 515 desinfeccións poden chegar ás 600 algunhas semanas, xa que excepcionalmente aparecen casos especiais urxentes, a maiores dos detallados, que se están a facer tanto por persoal municipal como por Urbaser e que non aparecen contabilizados nas cifras anteriormente expostas.
Ante a evolución do virus COVID-19 o Concello de Mos reforzou esta semana o plan de desinfección de zonas urbanas e fontes que xa tiña en marcha.
Ao labor diario da empresa concesionaria do servizo municipal de limpeza e ao equipo de 9 operarios de Vías e Obras e limpeza viaria do Concello nos que recaía a tarefa da desinfección de fontes, sumáronse desde o pasado luns a este equipo 3 conserxes máis, sumando 12 traballadores.
Deste xeito, o equipo de limpeza e desinfección de fontes, que a semana pasada estaba integrado por 9 operarios municipais e o pasado luns incorporáronse ao mesmo 3 conserxes máis, está agora formando un equipo de 12 persoas que traballa por parellas.
Esta semana comezaron co repaso da limpeza e desinfección das 52 fontes realizadas a semana pasada, e realizaron 8 fontes a maiores, para evitar contaxios nesas zonas. Ademais realizan tamén labores de desinfección das marquesinas de transporte público, xa que o Bus Urbán de Mos e o Intermunicipal da Xunta continúan operando con algunhas liñas para cubrir servizos mínimos.
![[Img #61842]](https://xornal21.com/upload/images/04_2020/8673_img-20200401-wa0012.jpg)
Estes 12 traballadores repártense por parellas para realizar os seguintes labores: 2 parellas fan a limpeza e desinfección de fontes, 2 parellas a de marquesinas, e 2 parellas a desinfección de locais abertos para atención e servizo ao público (farmacias, alimentación, panaderías, quioscos, estancos...) en colaboración e coordinación coa empresa concesionaria do servizo municipal de limpeza.
Para estas últimas zonas, nas que se atopan locais comerciais abertos e prestando servizo ao público, elaborouse unha listaxe para establecer prioridades, de xeito que nas zonas máis urxentes actúa a empresa de limpeza e no resto o equipo de traballadores municipais.
Neste senso desde o Concello de Mos infórmase de que todos estes traballos iranse repetindo coa máxima periodicidade posible, é dicir, unha vez rematadas as desinfeccións realizaranse repasos periódicos puidendo incluso incorporar novas zonas e lugares a desinfectar.
Insístese ademais desde a administración local en que todos estes labores realízanse en total coordinación e cooperación entre Concello, Servizo de Emerxencias, Protección Civil e Urbaser (empresa de limpeza) apoiándose e reforzándose mutuamente.
Por último comunicar que sobre todos estes traballos emítese un informe municipal diario a modo informativo e para que quede constancia oficial da realización dos mesmos.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.58