Sábado, 17 de Enero de 2026

Xornal21.es
Jueves, 02 de Abril de 2020 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

UGT denuncia a situación dos centros residenciais de maiores, menores e discapacidade de Pontevedra

O sindicato veu advertindo da ausencia xeralizada de medidas de protección nas residencias de maiores, menores e discapacidade sendo colectivos de riesgo COVID 19, unha neglixencia de penosas consecuencias

FeSP-UGT Pontevedra require da Autoridade Sanitaria e da Consellería de Política Social en tódolos centros públicos e privados que de forma urxente e contundente se proceda á realización do test de contraste da infección a todo o persoal e residentes a fin de tomar as medidas necesarias de estratificación e illamento que sexan precisas, así como a dotación urxente de medios a todo o persoal para poder prestar asistencia coas adecuadas medidas de asepsia e profilaxe que o asunto require, e a limpeza axeitada a situación en cada centro.

 

Sirva como exemplo da precariedade existente nos centros a imaxinación dos e das traballadoras usando as bolsas da recollida do lixo ou da froita de “patucos illantes” nos pés.

 

Lamentablemente nestes centros hai unha maior vulnerabilidade e menos prevención e as Autoridades e as direccións dos centros teñen que asumir responsabilidades sen dilacións. Os recortes e privatizacións minguaron a dotación de persoal e medios e baixou a capacidade de resposta, pero o grave é que os colectivos vulnerables deberían ser unha prioridade, pero non foi así, e nesta provincia de Pontevedra é onde se rexistra o maior.

 

número de residentes e de persoal afectado, que se concentran fundamentalmente nos centros que xestionan empresas privadas inda que tamén de xeito moi importante nalgún centro titularidade da Xunta de Galicia como é o Centro de Atención a Persoas con Discapacidade en Chapela (Redondela).

 

O sindicato considera un deber público inescusable e un principio ético que se teña en conta as características destes colectivos, persoas maiores, menores e discapacitados que demandan unha atención continuada para as actividades e rutinas da vida diaria, e que se actúe en consecuencia. Non se pode permitir, nin os xestores públicos nin os privados, actuacións neglixentes con consecuencias dramáticas por non situar a estes colectivos como prioridade de aplicación do protocolo e medidas de protección e prevención e actuación ante a pandemia.

 

A FeSP-UGT Pontevedra tamén require que as distintas direccións dos centros, deben desenvolver os turnos con equidade (pois se están a dar discriminacións entre o persoal traballador) xa que hai persoas que teñen que traballar tódolos fins de semana e outros libran case todos.

 

Este sindicato tamén solicita que se efectúen, con carácter inmediato, os reforzos que cómpren para que así os centros poidan dispor de persoal suficiente para esta situación excepcional que estamos a vivir.

 

Por último tamén FeSP-UGT quere subliñar a necesidade de desenvolver un sistema de información diario e constante entre as direccións dos centros e o persoal traballador do mesmo (non o escurantismo actual) así como unha liña de información coas familias dos e das residentes nos centros e así estas poidan ser coñecedoras da saúde dos seus familiares.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.