MOS
A cultura non para en Mos pese a crise do COVID-19
das grabacións das súas actuacións en colaboración con esta iniciativa do Concello de Mos, de Antonio Barros e Ialma, e Xulio Lorenzo, desde as súas casas.
Tras a iniciativa 'O Deporte non Para en Mos' que surxiu no Concello para que a veciñanza puidera continuar facendo exercizo e manténdose en forma na casa a pesar do confinamento, a Alcaldía mosense inicia esta fin de semana unha nova iniciativa: 'A Cultura non Para en Mos'.
"Dado que a situación de confinamento impídenos saír a disfrutar de concertos e outras alternativas de ocio cultural e dado que o de Mos e un municipio cun tecido cultural riquísimo en agrupacións musicais, teatrais, de baile... e de artistas solistas excepcionais; decidimos trasladar a idea deportiva ao ámbito cultural e centralizala durante as fins de semana, que era cando normalmente a veciñanza soía facer saídas de ocio cultural que agora non pode realizar e nós querémosllas ofrecer virtualmente para que poidan gozar delas desde a casa", explicou a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo.
Deste xeito 'A Cultura non Para en Mos' desenvolverase durante os venres, sábados e domingos das semanas que dure o confinamento. Comezando mañá venres 3 de abril. As actuacións culturais, que incluirán música e outras disciplinas artísticas, poderán ser visualizadas a través do Facebook e da páxina web do Concello de Mos.
Todos os espectáculos correrán a cargo de artistas mosenses, comezando polo gaiteiro de Louredo autor do Himno de Mos, Xulio Lorenzo, a cantante Uxía, Alberto López do Grupo Sete Netos da Asociación de Residentes de Mos en Bos Aires, músicos/as da Banda Xuvenil de Torroso, o tamén cantante Antonio Barros a dúo con Ialma ao piano... etc. Aos que se irán sumando moitos máis músicos e artistas locais.
A eles/as aos/ás artistas mosenses colaboradores/as con esta iniciativa, a rexedora local mosense agradécelles enormemente "a súa colaboración desinteresada, o seu bo facer, e que sexan o orgullo de Mos, ao ter levado o nome deste municipio polo mundo adiante, amosando o seu arte e a calidade da cultura mosense"; ademais Arévalo destaca que "nesta crise están a demostrar máis que nunca o amor polo seu pobo, a súa solidariedade e a súa vontade de colaborar co ben común; grazas a eles a partir de mañá quedar na casa será máis agradable e entretido, porque coas súas actuacións voltarán a facernos gozar da nosa cultura, da cultura mosense", concluiu a alcaldesa de Mos.
das grabacións das súas actuacións en colaboración con esta iniciativa do Concello de Mos, de Antonio Barros e Ialma, e Xulio Lorenzo, desde as súas casas.Tras a iniciativa 'O Deporte non Para en Mos' que surxiu no Concello para que a veciñanza puidera continuar facendo exercizo e manténdose en forma na casa a pesar do confinamento, a Alcaldía mosense inicia esta fin de semana unha nova iniciativa: 'A Cultura non Para en Mos'.
"Dado que a situación de confinamento impídenos saír a disfrutar de concertos e outras alternativas de ocio cultural e dado que o de Mos e un municipio cun tecido cultural riquísimo en agrupacións musicais, teatrais, de baile... e de artistas solistas excepcionais; decidimos trasladar a idea deportiva ao ámbito cultural e centralizala durante as fins de semana, que era cando normalmente a veciñanza soía facer saídas de ocio cultural que agora non pode realizar e nós querémosllas ofrecer virtualmente para que poidan gozar delas desde a casa", explicou a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo.
Deste xeito 'A Cultura non Para en Mos' desenvolverase durante os venres, sábados e domingos das semanas que dure o confinamento. Comezando mañá venres 3 de abril. As actuacións culturais, que incluirán música e outras disciplinas artísticas, poderán ser visualizadas a través do Facebook e da páxina web do Concello de Mos.
Todos os espectáculos correrán a cargo de artistas mosenses, comezando polo gaiteiro de Louredo autor do Himno de Mos, Xulio Lorenzo, a cantante Uxía, Alberto López do Grupo Sete Netos da Asociación de Residentes de Mos en Bos Aires, músicos/as da Banda Xuvenil de Torroso, o tamén cantante Antonio Barros a dúo con Ialma ao piano... etc. Aos que se irán sumando moitos máis músicos e artistas locais.
A eles/as aos/ás artistas mosenses colaboradores/as con esta iniciativa, a rexedora local mosense agradécelles enormemente "a súa colaboración desinteresada, o seu bo facer, e que sexan o orgullo de Mos, ao ter levado o nome deste municipio polo mundo adiante, amosando o seu arte e a calidade da cultura mosense"; ademais Arévalo destaca que "nesta crise están a demostrar máis que nunca o amor polo seu pobo, a súa solidariedade e a súa vontade de colaborar co ben común; grazas a eles a partir de mañá quedar na casa será máis agradable e entretido, porque coas súas actuacións voltarán a facernos gozar da nosa cultura, da cultura mosense", concluiu a alcaldesa de Mos.






































Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.58