GONDOMAR
A Xunta transfire dous treitos da estrada provincial Nigrán-Vincios ao Concello de Gondomar
A Administración autonómica facilita así a materialización do acordo entre o Concello de Gondomar e a Deputación de Pontevedra
O Consello da Xunta aprobou o decreto polo que se autoriza o cambio de titularidade a prol do Concello de Gondomar de dous treitos antigos da estrada provincial Nigrán- Vincios.
O Concello de Gondomar e a Deputación Provincial de Pontevedra asinaron un convenio para levar a cabo as obras de humanización da interconexión das rúas San Bieito e Emigrante coas estradas de Peitieiros e Chaín-Morgadáns. Este acordo recollía que ao rematar os traballos, a Administración local debía solicitar a transferencia destas vías.
Unha vez que o Pleno da corporación provincial aprobou a proposta de cambio de titularidade, a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade autoriza a transferencia do treito de 110 metros que comeza no punto quilométrico 7+190 e do de 60 metros que remata no 7+540
Estes treitos presentan unhas características funcionais e de utilidade asimilables ao viario municipal de tipo urbano e facilitan o acceso a fincas e edificacións lindeiras.
A transferencia a prol do Concello tramítase de acordo co previsto na Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, que estable a súa aprobación por decreto da Xunta, a proposta da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade como competente en materia de estradas e logo do acordo entre as administracións implicadas.
Co cambio de titularidade aprobado hoxe polo Executivo autonómico, o concello pontevedrés terá a competencia para actuar nestas vías e asume a responsabilidade da súa conservación e mantemento.
O Decreto producirá efectos desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.155