REDONDELA
O consello da Xunta aproba 760.000 euros para a depuradora de Arcade
O Goberno galego mantén o apoio a esta entidade local nas súas competencias, garantindo o funcionamento desta instalación durante os dous vindeiros anos, tras destinar desde 2005 un orzamento de máis de 4 millóns de euros
O Consello da Xunta aprobou o investimento de máis de 760.000 euros para dar continuidade á cooperación co Concello de Soutomaior na xestión e explotación da estación depuradora de augas residuais de Arcade.
Con este acordo, o Executivo autonómico mantén o seu apoio ás entidades locais nas súas competencias de saneamento e abastecemento, e autoriza á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade á prorroga do servizo que garante o funcionamento da depuradora municipal.
O Concello de Soutomaior ten cedido á Xunta, a través de Augas de Galicia, o servizo de mantemento da estación depuración neste municipio pontevedrés. Prestación que vén prestando dende o ano 2005 mediante un contrato de explotación da depuradora no que o Goberno galego leva investido un orzamento de máis de 4 millóns de euros.
Coa autorización de hoxe, a Xunta renova esta concesión para os vindeiros 24 meses, estendéndoa concretamente ata o 30 de maio de 2022.
A depuradora de Arcade está deseñada para o tratamento dun caudal medio de 2.592m3/día e unha capacidade de depuración estimada para unha poboación de 8.621 habitantes equivalentes.
A prestación dos servizos de saneamento e abastecemento é unha responsabilidade de carácter municipal. Non obstante, a Xunta de Galicia vén proporcionando o seu apoio técnico e financeiro aos concellos que o precisen.
Na actualidade o organismo hidráulico da Xunta encárgase de prestar estes servizos de depuración en 29 estaciones depuradoras de augas residuais.
Coa autorización de hoxe, o Executivo autonómico continuará asumindo o funcionamento desta instalación, deseñada cunha capacidade de depuración para unha poboación de 8.621 habitantes
A cooperación da Xunta co Concello de Soutomaior permite a mellora da calidade de vida das poboacións asentadas entorno ás rías, o aumento da competitividade económica e o fomento do turismo, así como a mellora da produtividade no sector marisqueiro.
A explotación e mantemento das infraestruturas hidráulicas teñen como obxectivos garantir a correcta depuración das augas residuais e ofrecer uns servizos que respondan ás necesidades reais da poboación.
Estas tarefas comprenden as accións necesarias para o funcionamento axeitado das instalacións de forma ininterrompida co fin de acadar uns índices de depuración que cumpran os límites establecidos na normativa de aplicación.
Os traballos inclúen a retirada nas debidas condicións hixiénicas, o transporte e a vertedura de graxas, areas e residuos das reixas e tamices, o desecado dos lodos producidos e a conservación en bo estado da totalidade dos elementos, instalacións e equipos da planta.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149