PROVINCIA
Carmela Silva ofrece a Xunta de Galicia o seu “ánimo e de colaboración"
Carmela Silva insta a Feijoo a convocar ás deputacións para poder anticiparse e tomar medidas ante as previsións da Xunta sobre o pico da pandemia
Ante as novas previsións da Xunta de Galicia sobre a evolución da crise sanitaria na comunidade autónoma, que situarían o pico da pandemia ao longo deste mes de abril, a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, instou hoxe ao presidente Feijoo a que convoque telematicamente, no prazo máis breve posible, ás catro deputacións galegas “para que, ante estas previsións, as administracións provinciais, que traballan e coñecen o día a día dos seus territorios, poidan anticiparse en tomar as decisións e novas medidas que correspondan”.
Nunha carta que remitiu ao presidente galego, “co ánimo e co afán de cooperación”, a presidenta provincial trasladou a preocupación, inquietudes e temores que moitas familias, concellos, persoal sanitario, de atención a maiores, ou de Ong, están a achegar á Deputación de Pontevedra en relación coa pandemia do COVID19. Na misiva, Silva lembra a Feijoo que, como administracións públicas de ámbito provincial, “este anunciado repunte nos obriga a ter a máxima información posible sobre os nosos territorios, para poder avaliar adecuadamente a situación e poder tomar decisións de forma anticipada. É fundamental, sinala, coñecer, se existen, os plans de continxencia autonómicos para UCIs , hospitais e centros de maiores, que son neste momento as grandes preocupacións que temos e que se nos trasladan”.
Silva: “este anunciado repunte nos obriga a ter a máxima información posible para poder avaliar adecuadamente a situación e poder tomar decisións de forma anticipada”
Neste sentido, Carmela Silva apelou ao presidente da Xunta a dar respostas acertadas, “e sobre todo coordinadas”, ante o incremento da incerteza social, unha vez coñecida a información ofrecida polo executivo autonómico sobre a maior virulencia do virus. “É por iso, engade, que para aportar información fiable gustaríanos que estudases a posibilidade de convocar vía telemática as catro Deputacións galegas para que nos poidas trasladar información e así poder ter respostas que permitan mensaxes unitarias sobre as medidas que está a adoptar a Administración Autonómica, que é a que ten as competencias en sanidade, dependencia e política social”.
A presidenta da Deputación de Pontevedra remata o seu escrito mostrando unha vez máis “o noso afán de colaboración e expresar que consideramos que é imprescindible que o Presidente de todas as galegas e galegos lidere unha información transparente e marque as liñas de coordinación de todas as administracións públicas, para transmitir tranquilidade ao conxunto da cidadanía”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149