PROVINCIA
SmartPeme pon en marcha outros quince obradoiros online
O 17 de abril estarán dispoñibles cursos sobre ciberseguridade, tráfico web, técnicas de marketing ou xestión redes sociais
Ante a situación derivada polo COVID-19, a Deputación de Pontevedra, a través de SmartPeme, o seu programa de asesoramento tecnolóxico, ofertará nas dúas próximas semanas ata quince novas accións formativas impartidas de xeito online.
Debido ao suspenso das actividades formativas presenciais, a Deputación está a desenvolver unha carteira de obradoiros que se imparten de forma telemática empregando as ferramentas telemáticas habilitadas para o equipo de asesoras e asesores do programa (en concreto o programa de formación Moodle). As accións formativas, que contan con 10 prazas cada un, versan sobre xestión de redes sociais ou blogues, ferramentas para a mellora da web, ciberseguridade, copywritting, ferramentas para empresas turísticas, promoción das empresas ou técnicas de marketing.
Deste xeito, este luns 6 de abril, de 12:00 a 13:00 horas, terá lugar “Ciberseguridade – Por que necesito unha VPN? Configuración básica” e, de 17:00 a 18:00 horas, “Mellora o teu tráfico web promocionando as entradas do teu blogue”. O martes, de 12:00 a 13:00 horas, será a quenda de “Optimización de imaxes: mellora a velocidade da túa web” e, de 17:00 a 18:00 horas, “Ciberseguridade – Por que necesito unha VPN? Configuración básica”. No que respecta ao mércores, no horario habitual de mañá, de 12:00 a 13:00 horas, desenvolverase o obradoiro “Mellora o teu tráfico web promocionando as entradas do teu blogue”, e no horario habitual de tarde, de 17:00 a 18:00 horas, terá lugar “Optimización de imaxes: mellora a velocidade da túa web”.
A seguinte semana comeza co curso “Guía de boas prácticas para redes sociais”, o luns 13 no horario habitual de mañá, e ese mesmo día no horario de tarde continua con “Copywriting aplicado a web e redes sociais”. O martes, 14 de abril, pola mañá será a quenda de “Motores de reservas para empresas turísticas” e pola tarde impartirase “Así funciona Whatsapp Business”. Ao día seguinte, mércores, pola mañá chega “Marketing de contidos: aprende a diferenciarte da competencia” e pola tarde “Aprende a promocionar a túa empresa con Pinterest”. No que respecta ao xoves, “Que imaxe dou co meu Instagram?” terá lugar pola mañá, e “Técnicas de marketing para a promoción de tours, experiencias e actividades” será pola tarde. Por último, o venres 17 pola mañá levarase a cabo o curso “Copywriting aplicado a web e redes sociais”.
Para inscribirse en calquera das actividades que se van desenvolver estas próximas semana só cómpre contactar a través das canles habituais de Smartpeme, podendo atopar máis información na súa páxina web (https://smartpeme.depo.gal/gl/inicio).

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149