NIGRÁN
A Brilat desinfecta a residencia Serge Bellavista
Os resultados dos test realizados o 3 de abril á totalidade dos residentes e ao persoal do centro deron negativo, incluso o da única anciá que resultara positivo o 1 de abril
O Concello de Nigrán agradece publicamente á Subdelegación de Goberno de Pontevedra e á brigada Brilat a celeridade e bo facer na desifección o pasado sábado da residencia de maiores Serge Bellavista, ubicada en Priegue, onde o día 1 de abril o test do covid-19 arroxara un resultado postivo nunha anciá que estivo totalmente asintomática. Ante a petición do Concello e da residencia de realizar unha desinfección das instalacións a resposta foi inmediata e o traballo inmellorable.
“Desde a propia dirección da residencia nos trasladaron o agradecemento e o bo facer e trato da Brilat porque se atenderon as súas demandas de xeito inmediato”, sinala o alcalde, Juan González, quen aclara que os tests realizados o 3 de abril a todo o persoal do centro e residentes arroxaron un resultado negativo, mesmo no caso da anciá que o día 1 dera un suposto positivo. “Podemos estar tranquilos, hoxe por hoxe na residencia Serge Bellavista non hai ningún positivo e a súa profesionalidade quedou máis que patente, así que desde o Concello de Nigrán trasladamos tamén os nosos parabéns á dirección e traballadores pola súa magnífica labor protexendo aos seus maiores”, indica o alcalde de Nigrán, Juan González.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.151