Domingo, 22 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Miércoles, 08 de Abril de 2020 Tiempo de lectura:
A GUARDA

Novas medidas adoptadas pola Comisión de seguimento do Covid-19 na Guarda

Na xornada do luns día 6 de abril reuniuse no Salón de Plenos do concello da Guarda a Comisión Municipal de seguimento do COVID-19, para facer unha valoración da situación actual e adoptar novas medidas, entre as que destacan:

 

  • Intensificar a distribución de pantallas protectoras entre os establecementos que se atopen abertos ao público, por estar cubrindo necesidades esenciais e tamén coñecer se os mesmos teñen necesidades de outros EPIs.

 

  • A Policía Local realizará o reparto de mascarillas e luvas a aquelas persoas que formen parte de grupos de risco pola súa avanzada idade, cando localice a estas persoas pola rúa para facer compra. Tamén suministrarán mascarillas ou luvas a todos os veciños o demanden

 

  • Intensificar a localización e atención de persoas maiores que se poidan atopar soas e que necesiten algún tipo de apoio, como atención telefónica ou mesmo materiais de entretenemento para facer máis levadeiro o confinamento. Para esta labor demandarase a colaboración veciñal e contarase co apoio de voluntariado
  •  


Estas son as medidas adoptadas na xuntanza de hoxe da Comisión de seguimento COVID-19 do Concello da Guarda, reunida, como cada luns, e presidida polo alcalde, Antonio Lomba, para informar da evolución de tódalas medidas e actuacións que está tomando o concello.

 

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.58

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.