GALICIA
A Xunta reforzará o seu apoio á Rede galega contra a trata
A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, mantivo a semana pasada unha reunión por videoconferencia cos representantes da Rede galega contra a trata
A Xunta reforzará o seu apoio á Rede galega contra a trata ante as situacións de especial vulnerabilidade que está causando a crise sanitaria e o Estado de Alarma decretado pola pandemia de coronavirus.
Así llo trasladou a secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, a Carlos Villar e Ana Barba, representantes da Rede galega contra a trata, durante unha reunión por videoconferencia, na que fixeron balance da colaboración entre a Administración autonómica e as entidades que traballan neste ámbito.
O Goberno galego comprometeuse a reforzar o seu apoio ante as novas necesidades causadas pola situación extraordinaria que se vive nestes momentos; e reafirmou a súa colaboración en facilitar solucións habitacionais cando sexa preciso.
O DOG publica hoxe a resolución da convocatoria de axudas para as entidades que traballan neste ámbito, cun investimento de case 450.000 euros
O traballo da Administración autonómica coa Rede galega contra a trata é constante no tempo. De feito, hoxe mesmo publícase no Diario Oficial de Galicia (DOG) a resolución da convocatoria de axudas, dotada con 450.000 euros, e destinada a financiar a posta en marcha de programas de atención para as vítimas de trata por parte das entidades de iniciativa social.
Os proxectos de atención integral que se subvencionan inclúen accións como a atención inicial cando as vítimas son chamadas polas autoridades competentes; asesoramento social e actuacións de apoio para a realización de trámites administrativo e acceder a recursos; acompañamento no proxecto persoal de cada usuaria; atención psicolóxica; asesoramento xurídico; orientación laboral; e atención e asesoramento en traballo de rúa co obxectivo de achegarse a lugares onde se poden atopar vítimas de trata.
Grazas a todas estas accións, o ano pasado resultaron beneficiarias un total de 664 persoas: 329 na Coruña, 136 en Lugo,108 en Pontevedra, e 91 en Ourense.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.116