GALICIA
A Xunta avalía os 55 proxectos para fabricar material sanitario por empresas galegas
O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, participou esta semana por videoconferencia na reunión do Comité, na que agradeceu a colaboración do tecido empresarial galego para actuar desde a solidariedade e a responsabilidade, amosando unha vez máis o seu ‘know-how’
O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, participou esta semana na primeira reunión do Comité de fabricación de equipamento sanitario e para a prevención en materia de saúde laboral -do que tamén forman parte as consellerías de Sanidade e Política Social- e que ten por cometido coordinar entre o tecido empresarial a oferta e a demanda do material necesario no contexto actual de emerxencia sanitaria. Segundo explicou, xa se están avaliando 55 proxectos.
O Comité pretende aproveitar as capacidades da industria galega para a fabricación do equipamento que máis se está necesitando nestes intres tanto nos centros hospitalarios como nos centros de atención a maiores e persoas con discapacidade, así como noutros lugares de traballo. En concreto, equipos de protección individual, luvas, mascarillas, produtos desinfectantes ou pezas para respiradores.
“Desde a Xunta seguimos traballando para dar resposta á necesidade que temos no eido sanitario, nos servizos sociais e na industria de equipamento tanto sanitario como de protección para que as actividades se poidan desenvolver con todas as garantías de seguridade para os traballadores e cidadáns”, explicou Conde, quen avanzou que xa se identificaron 55 proxectos “cos que estamos traballando para que o tecido empresarial dea unha resposta efectiva que permita obter este equipamento”.
Ante o número de propostas recibidas por parte das empresas galegas que están a poñer a súa infraestrutura ao servizo da pandemia ou que se están reinventando a través da innovación para fabricar produtos necesarios, Conde agradeceu esta colaboración e destacou que o tecido empresarial está actuando desde a solidariedade e a responsabilidade, amosando o seu know-how.
Así, todas esas propostas recibidas estanse canalizando a través da plataforma Marketplace que está xestionando xa 55 propostas viables que se avaliaron na xuntanza de hoxe. Destacan os EPIS doados por Ceaga, as batas médicas xestionadas polo clúster téxtil Cointega, os mandís impermeables que fabrica a industria do plástico, pantallas protectoras, respiradores que están fabricando Bendix e Cinfa, ou o pedido de mascarillas no que colabora Gabadi.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22