Domingo, 22 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Martes, 07 de Abril de 2020 Tiempo de lectura:
MOS

A Policía Local de Mos incorpora a dous auxiliares

O contrato é por un prazo de 4 meses prorrogables 2 meses máis

2 axentes patrullando esta tarde: un dos novos auxiliares incorporados o pasado venres e un policía local.2 axentes patrullando esta tarde: un dos novos auxiliares incorporados o pasado venres e un policía local.

Coa incorporación o 3 de abril dos 2 auxiliares, a Policía Local do Concello de Mos suma 10 axentes, ao terse incorporado tamén o pasado 5 de marzo dous novos policías locais Funcionarios de Carreira.

 

Deste xeito a Policía Local de Mos conta, a día de hoxe, cunha plantilla de 8 policías e 2 auxiliares de policía. Así o informaba esta mañá a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, quen declaraba ao respecto que "desde a administración local mosense seguimos apostando por reforzar a nosa Policía Local, concientes da necesidade de potenciar ao noso corpo municipal de seguridade, a prol dunha maior protección e tranquilidade da veciñanza, máxime en tempos de crise como os que estamos a vivir".

 

A rexedora local mosense, Nidia Arévalo, aproveitou hoxe para darlle as grazas á Policía Local mosense, ao seu Xefe, Gerardo Álvarez, e a todos e cada un dos axentes locais, "por estar día tras día nas rúas, para protexernos e axudarnos en todo o que está nas súas mans. E polo seu exemplar labor nestes duros momentos de crise sanitaria".

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.58

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.