Domingo, 22 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Jueves, 09 de Abril de 2020 Tiempo de lectura:
MOS

Persoeiros referentes do Concello de Mos animan aos veciños durante o confinamento

Brais Méndez, Rubén Blanco, Óscar Pereiro e Verónica Romero son os primeiros en facer públicas as súas mensaxes e serán seguidos por moitos máis

Tras as iniciativas 'O Deporte non Para en Mos' e 'A Cultura non Para en Mos' que surxiron no Concello para que a veciñanza puidera continuar facendo exercizo e manténdose en forma e gozando de lecer cultural, musical... etc. desde as súas casa a pesar do confinamento, iniciouse tamén o pasado luns 6 de abril unha nova iniciativa de mensaxes de ánimo para a veciñanza mosense dos personaxes de Mos máis relevantes e coñecidos desde os seus respectivos fogares nos que tamén se atopan en situación de confinamento.


A iniciativa inaugurouse coa mensaxe do futbolista mosense do R.C. Celta, Brais Méndez, seguida da do tamén porteiro céltico mosense, Rubén Blanco e, hoxe, a do ciclista mosense embaixador de La Vuelta Ciclista a España e gañador dun Tour de Francia, Óscar Pereiro.


Mañá os e as mosenses recibirán a mensaxe da alpinista Verónica Romero e en días sucesivos as de:

  • Susana Alonso, Medalla ao Mérito Deportivo do Concello de Mos 2017, tres veces campioa de España no BTT de competición, gañadora de 2 Open de España e que fixo podio varias veces nos World Maraton Series e forma parte da Selección de Galicia.

 

  • Juan Ferrón, nadador do Club Natación Mos, preseleccionado polo COE (Comité Olímpico Español) para os Xogos Paralímpicos de Tokyo. Sendo así o Club Natación Mos un dos poucos equipos da Comunidade Autónoma en contar nas súas filas cun deportista olímpico/paralímpico.

 

  • Noelia Sías, Subcampiona de España 2019 no Concurso ‘MAF’ (Mejor Artesano Florista).

 

  • E moitos outros persoeiros mosenses de renome que se irán unindo.


As mensaxes de ánimo iranse publicando diariamente no Facebook e na web do Concello baixo un mesmo lema común: Xuntos SaireMOS.


A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, agradécelles "a todos/as eles/as a súa colaboración desinteresada e solidaria, tendo en conta que son grandes referentes para a poboación mosense e ninguén mellor que eles/as pode animala, motivala e subirlle o ánimo". Así mesmo, a rexedora local mosense aproveitou a oprtunidade para darlle as "grazas á veciñanza mosense por estar a respectar o estado de alarma, quedando na casa e mantendo a calma e o civismo. Unha vez máis estamos a demostrar que somos Mos e que somos un gran pobo". Conluiu Arévalo.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.58

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.