Domingo, 22 de Febrero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Jueves, 09 de Abril de 2020 Tiempo de lectura:
Mos

Mos realiza un novo reparto de mascarillas tras recibir unha nova dotación da Xunta

Mos realiza un novo reparto de mascarillas tras recibir unha nova dotación da Xunta

O Concello de Mos volveu recibir da Xunta de Galicia material sanitario de protección entre o que se atopan luvas e mascarillas, que nestes intres trátanse de elementos vitais para dotar ao persoal máis exposto ao virus COVID-19 durante a súa xornada laboral. A administración local mosense leva repartido durante a presente crise sanitaria un total de 2.180 mascarillas.

 

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, informou hoxe de que o Concello mosense ven de recibir novamente estes días da Xunta de Galicia varias caixas de material sanitario con centos de luvas e mascarillas. Material que xa foi distribuído entre o persoal máis exposto ao virus durante a súa xornada laboral como son as os/as traballadores/as do Servizo de Axuda no Fogar, os/as axentes da Policía Local de Mos, Servizo Municipal de Emerxencias, voluntarios/as da Agrupación de Protección Civil, persoal de limpeza, e os profesionais mosenses que están a prestar servizos de primeira necesidade e traballando cara ao público (alimentación, panaderías, farmacias, estancos…) e que están a sufrir a carencia destes elementos de protección.

 

O Concello recibiu as últimas caixas de material o luns pola tarde e repartiuno durante a xornada do martes, realizando unha reposición completa de mascarillas e material sanitario de protección entre as persoas que máis o precisan no seu día a día.

 

Desde a Administración autonómica fan fincapé en que todo o material entregado foi inspeccionado e está en perfectas condicións de uso, cumprindo estritamente co procedemento do Ministerio de Sanidade con respecto ao seu uso. A Xunta, a través da Delegación Territorial de Vigo, vén de dotar aos catorce concellos que conforman a área metropolitana con 32.293 unidades de material de protección. 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.58

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.