Tui
Hoxe realizaranse os test por COVID19 aos membros da Policía Local
Un equipo do SERGAS desprazarase hoxe até Tui para realizar o test do COVID 19 aos membros da Policía Local que nas últimas xornadas estiveron en contacto co auxiliar da Policía Local que deu positivo por coronavirus. Esta persoa está illada no seu domicilio dende o pasado sábado cando acudiu ao médico tras presentar o venres os primeiros síntomas. No día de onte recibiu o resultado positivo no test.
Seguindo as recomendacións do médico de Prevención de Riscos Laborais do Concello dende onte á tarde os membros da Policía Local que coincidiron en quendas de traballo con este auxiliar están nas súas casas, a espera da realización do test na xornada de mañá. Ningún dos axentes e auxiliares presentas síntomas.
Durante a xornada de onte e até contar co resultado dos test o servizo da Policía Local está a ser cuberto por dous efectivos. Onte novamente procedeuse a desinfección das instalacións.
Dende o Concello de Tui desexan unha pronta recuperación ao membro da Policía Local afectado polo COVID 19, e de reitera o agradecemento polo labor que están a realizar dende este corpo. Tamén se fai fincapé na importancia nestes días festivos de manter o confinamento.
Por outra parte membros da BRILAT, a través da Subdelegación do Goberno, procederon ao longo desta semana a realizar tarefas de desinfección tanto no exterior coma no interior da Residencia San Telmo e da Residencia Paz y Bien.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163