NIGRÁN
A Xunta emenda un punto de vertido de augas residuais sen depurar o río Muíños en Nigrán
As actuacións enmárcanse nas labores do Plan de control de vertidos realizadas polo persoal técnico de Augas de Gali
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, vén de emendar os aportes de augas residuais sen depurar que vertían o río Muíños, no concello de Nigrán.
As actuación enmárcanse nas labores do Plan de control de vertidos da Xunta, iniciándose coa detección de carga microbiolóxica na canle do río, sendo comprobada a mesma polo persoal inspector de Augas de Galicia, xunto con persoal da empresa concesionaria do servizo municipal de augas.
A procedencia do mesmo tiña a súa orixe nunha acometida errónea cara a infraestrutura de recollida de augas pluviais na parroquia da Ramallosa
O vertido o río procedía dunha acometida errónea de augas residuais cara a infraestrutura de recollida de augas pluviais na parroquia da Ramallosa, sendo localizada na posterior inspección videográfica da rede de augas pluviais efectuada pola concesionaria municipal de augas.
Nunha nova inspección xirada á zona, os técnicos de Augas de Galicia comprobaron que as obras realizadas para a correcta conexión do vertido á rede municipal de saneamento permitiron eliminar o vertido o río.
Está actuación forma parte das tarefas de Augas de Galicia no marco do Plan de control de vertidos ao dominio público hidráulico como ferramenta esencial para conseguir a máxima calidade das augas na Demarcación Galicia-Costa.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.151