Martes, 14 de Abril de 2026

Actualizada Martes, 14 de Abril de 2026 a las 20:46:44 horas

Xornal21.es
Martes, 14 de Abril de 2020 Tiempo de lectura:
TUI

Tui celebra o #SanTelmoNaCasa con propostas nas redes sociais

O cartel “Cor de Festa” de Juan Diego Ingelmo ganador do concurso convocado polo concello será a imaxe desta iniciativa

[Img #62089]“Cor de Festa” de Juan Diego Ingelmo Benavente, de Burriana, Castellón, foi o cartel ganador do concurso convocado polo Concello de Tui para anunciar as Festas de San Telmo 2020. O xurado valorou a calidade técnica e conceptual da proposta gañadora, o seu carácter orixinal e innovador, así coma o feito de recoller no deseño os valores e significado das festas, reflectindo o carácter festivo.


As festas de San Telmo estaban previstas do 11 ao 20 deste mes de abril, pero debido ao Estado de Alarma pola crise do coronavirus foron suspendidas.


Tendo en conta o confinamento non sería factible a súa celebración na rúa, cos actos tradicionais que teñen lugar cada ano. Porén dende o Concello apóstase por facer unha “celebración” simbólica ao longo desta semana nas redes sociais, e buscando a participación da veciñanza dende as súas casas.


Nas redes sociais do Concello de Tui publicouse xa onte unha mensaxe da concelleira de Ensino e Cultura, Sonsoles Vicente, explicando que se busca que os e as tudenses aporten o seu pequeno gran de área nesta proposta facendo chegar que significan para eles as festas de San Telmo, cal é para eles a esencia destes festexos, unha lembranza, unha felicitación, un baile… Ao longo da semana iranse plantexando nas redes sociais as formas de participación sempre dende a casa.


Sonsoles Vicente explica que “o que pretendemos é que non nos sintamos sos na nosas casas, son unhas festas que non imos poder gozar na rúa, pero entre todos podemos poñe ese gran para pasar uns días diferentes nas nosas casas”. Remata agardando que que “este San Telmo sexa algo anecdótico nas nosas vidas”.  


Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui, sinala que “dado que as festas son unhas datas moi especiais para os veciños e veciñas de Tui pola celebración de San Telmo, e toda vez que estamos pasando por un momento moi difícil, o Concello non podía facer outra cosa que menos que lanzar esta iniciativa de celebración da festa a través das redes, toda vez que presencialmente non é posible”.


O cartel deseñado por Juan Diego Ingelmo Benavente será empregado coma imaxe nesta celebración virtual.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.