O ROSAL
O Rosal pecha as fontes públicas como medida de prevención de contaxios
Seguindo as recomendacións da Consellería de Sanidade. A clausura manterase ata o final da crise sanitaria
Seguindo as recomendacións marcadas dende a Consellería de Sanidade, o Concello do Rosal comezou esta semana a pechar as fontes públicas do municipio como medida de prevención de contaxios por COVID-19. Esta clausura será efectiva dende este mesmo luns 13 de abril ata o final do estado de alarma decretado pola actual crise sanitaria.
Dado que as fontes públicas son instalacións onde a veciñanza pode ter máis contacto coas mans e incluso coa boca na superficie das billas ou doutros elementos construtivos, recoméndase a todos os rosaleiros e rosaleiras que, para minimizar os riscos, non as empreguen durante a crise sanitaria.
Dende o Concello agradécese a toda a veciñanza o bo comportamento que está tendo neste tempo de confinamento, cumprindo as directrices establecidas polas autoridades competentes, e pídese desculpas polas posibles molestias ocasionadas por esta nova medida preventiva que busca minimizar o risco de contaxio entre a poboación.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149