GALICIA
A Xunta impulsará un plan de seguridade sanitaria no eido turístico
Román Rodríguez preside unha reunión extraordinaria do Consello Galego de Turismo co fin de recoller as achegas para a reactivación desta industria
O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, anunciou a elaboración dun Plan de Seguridade Sanitaria no eido turístico que permita reforzar a confianza neste sector unha vez rematen as restricións impostas por mor da crise sanitaria do coronavirus. Así o trasladou tras presidir mediante videoconferencia unha xuntanza extraordinaria do Consello Galego de Turismo, órgano que conta coa presenza de representantes das distintas administracións, do mundo académico e do sector turístico, ao que foron ademais invitados representantes das catro deputacións, e no que os distintos participantes formularon as súas achegas para a reactivación desta industria.
O responsable de Cultura e Turismo da Xunta, que estivo acompañado da directora de Turismo, Nava Castro, subliñou que o futuro desta actividade --que representa o 10,4% do PIB galego e o 11% dos postos de traballo-- debe pasar por garantir a máxima seguridade e a saúde dos viaxeiros, facendo de Galicia un destino 100% seguro. Neste sentido, apostou por avanzar no deseño dun plan que contemple medidas sanitarias e de hixiene adaptadas ás diferentes actividades e que conte coa participación de todos os axentes implicados.
Galicia, destino fiable e de calidade
Do mesmo xeito, Román Rodríguez aproveitou a xuntanza para acordar a creación dun grupo de traballo que permita deseñar e consensuar unhas liñas de actuación comúns a todas as accións de promoción que se leven a cabo no eido turístico. O obxectivo desta proposta, concretou, é que as iniciativas impulsadas desde as distintas administracións compartan uns valores comúns, sen que ningunha delas perda a súa autonomía.
Neste sentido, o conselleiro de Cultura e Turismo incidiu na necesidade de traballar desde as distintas entidades para impulsar Galicia como un destino fiable, de calidade e excelencia, centrado en valores como a seguridade, a tranquilidade ou a sustentabilidade, e potenciando atractivos como a natureza, o rural e a enogastronomía.
Planificar a saída das restricións
Segundo o representante autonómico, é fundamental apostar pola colaboración e a cooperación entre todos os axentes implicados na posta en marcha de medidas que permitan reactivar o sector tras a crise do coronavirus. Lembrou que a Xunta xa avanzou a posta en marcha dun plan de reactivación do sector cultural e turístico, cun investimento de máis de 25 millóns de euros, que incluirá accións de promoción, axudas directas ao sector ou a creación de produtos específicos.
Con todo, titular de Cultura e Turismo solicitou a implicación do Goberno central e demandou a posa en marcha de medidas que atendan ás particularidades deste sector. Entre elas, demandou a creación de ERTEs específicos para esta industria que teñan en conta a estacionalidade desta actividade e o feito de que, previsiblemente, este será un dos últimos sectores que poida operar con normalidade.
Tamén instou á activación dun fondo específico de ámbito estatal orientado ao mantemento e reactivación do turismo e solicitou que o Goberno teña especialmente presente esta actividade unha vez rematen as medidas de confinamento, permitindo que os distintos axentes poidan organizar de xeito ordenado a volta á normalidade.
Consello Galego de Turismo
Este organismo é un foro participativo dos axentes públicos e privados que desenvolven o seu traballo diario no eido do turismo ou en materias de clara incidencia neste sector clave para a economía galega. Entre as súas funcións figuran propoñer liñas de investigación e estudo sobre cuestións de interese para o turismo de Galicia, así como facer suxerencias ás Administracións públicas en canto á adecuación do sector á demanda turística e á realidade social, entre outras.
O Consello está constituído por membros das Consellerías de Cultura e Turismo, Economía, Emprego e Industria, Sanidade, Medio Rural, e Infraestruturas e Mobilidade, así como por representantes dos concellos a través da Federación Galega de Municipios e Provincias, representantes das universidades galegas, de sindicatos e de consumidores. Ademais, teñen representación neste foro as distintas ramas do sector turístico: establecementos hoteleiros, empresas de restauración, establecementos de turismo rural, axencias de viaxe e centrais de reserva, hoteis balneario e talaso, campamentos de turismo e guías turísticos. Cómpre destacar que nesta ocasión participaron como invitados as catro deputacións provinciais.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22