Domingo, 22 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Miércoles, 15 de Abril de 2020 Tiempo de lectura:
MOS

Un empresario mosense doa 7.000 quilos de carne a comedores sociais de Galicia

Trátase de Acacio Portal, da empresa Portalconsa, que repartiu a súa doazón entre o centro de EVD en Petelos e 11 comedores sociais

O empresario veciño de Mos, propietario da empresa mosense Portalconsa con instalacións tamén na actualidade no veciño Concello do Porriño, Acacio Portal, ven de facer unha solidaria, altruísta e desinteresada doazón ao comedor do Centro das Escravas da Virxe Dolorosa en Petelos e a 11 comedores sociais das catro provincias galegas.

 

En total repartiu 7.000 quilos de carne para estes 12 comedores co obxectivo de cubrir necesidades básicas entre as persoas que máis o necesitan nestes momentos de crise sanitaria.

 

Acacio Portal, coa intención de facer a súa aportación social durante este estado de alarma polo COVID-19, e querendo chegar aos sectores máis necesitados da poboación, púxose en contacto coa alcaldesa mosense, Nidia Arévalo, para consultar e canalizar coa Xunta de Galicia o mellor xeito de proceder a realizar a súa doazón.

 

Deste xeito, Arévalo abordou o tema coa conselleira de Política Social, Fabiola García, quen lle facilitou ao empresario mosense a listaxe dos comedores sociais que máis precisaban desta colaboración.

 

Así, os comedores receptores da axuda de Portal son: Cocina económica de Santiago, Cáritas Diocesana de Santiago de Compostela, Instituto Benéfico Social "Padre Rubinos", Cocina económica de A Coruña, Cocina económica de Ferrol, Centro de Desenvolvemento Rural de "O Viso", Cáritas Diocesana de Ourense, Misión del Silencio-Comedor Social Virgen de Lourdes, Casa Caridad de Vigo Hogar San José-Comedor de la Espezanza, Voluntarias de la caridad de Marín-San Vicente de Paúl, e Asociación de Caridade Santiago Apóstol de Cangas.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.58

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.