VIGO
O Pleno aprobará por unanimidade una declaración institucional sobre o Covid-19
A Xunta de voceiros acordou referendar en Vigo a declaración institucional sobre o coronavirus que aprobou por unanimidade a Federación Española de Municipios e Provincias. O texto será aprobado mañá nun Pleno telemático no que o Goberno local dará conta das accións levadas a cabo ata o de agora na loita contra esta pandemia
Abel Caballero deu conta onte do acordo alcanzado na Xunta de voceiros para aprobar mañá unha declaración institucional sobre o coronavirus. O texto será o mesmo que se aprobou por unanimidade na Federación Española de Municipios e Provincias.
Respecto da organización da sesión, apuntou que estarán presentes no Salón de Plenos os catro tenentes de alcalde, os voceiros dos grupos, o concelleiro non adscrito, ademais do propio rexedor. O secretario e o interventor estarán separados dos edís para manter as condicións de seguridade, mentres que a responsable de levantar as actas, seguirá o Pleno telematicamente, igual que o resto dos concelleiros da Corporación e dos xornalistas.
Xunta de Goberno
A Xunta de Goberno Local de mañá xoves adxudicará un contrato de emerxencia para adquirir 4.000 máscaras FFP2 por 35.600 euros, material de protección que chegará en 24 horas e será distribuído entre o servizo de Benestar Social e o da Policía Local. Na súa habitual rolda de prensa telemática, o alcalde tamén avanzou que se autorizará un contrato de subministro de 24 portátiles para que o persoal municipal continúe co teletraballo, un sistema que funciona moi ben, en verbas do propio rexedor.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217