Domingo, 22 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Jueves, 16 de Abril de 2020 Tiempo de lectura:
MOS

Alcaldesa e grupos políticos prepáranse para o primeiro Pleno virtual de Mos

Celebrarase o 27 de abril e estase traballando para que poida ser visionado en directo

Os 17 membros integrantes da Corporación Municipal mosense, a alcaldesa, Nidia Arévalo, e concelleiros dos grupos de goberno e oposición: Partido Popular, e PSOE, GañaMos e BNG, respectivamente, recibiron hoxe ás 13.00 horas unha formación a través da plataforma da administración electrónica municipal, Gestiona, para celebrar o Pleno do Concello por videoconferencia o vindeiro 27 de abril ás 10.00 horas. Será o primeiro Pleno virtual da historia do Concello de Mos.

 

Tratouse o desta mañá dunha especie de ensaio ou simulacro da próxima sesión plenaria para que todos os seus membros coñeceran en detalle a mecánica da aplicación, así como do desenvolvemento do Pleno, tendo en conta as circunstancias especiais dunha celebración on line por videoconferencia, e non presencial.

 

 

 

 

Hoxe todos os membros da Corporación Municipal realizaron unha formación simultánea, unha especie de ensaio ou simulacro, para estar preparados para a vindeira sesión plenaria

 

 

 

 

A plataforma Gestiona habilitou no seu portal unha sección para a celebración de sesións plenarias por videoconferencia que redirecciona á aplicación Zoom e que ademais graba e certifica o Pleno celebrado on line.

 

Ademais desde o Concello de Mos, en coordinación con Gestiona e a empresa de mantemento do soporte informático municipal, estase a traballar para preparar as necesidades técnicas requeridas para poder retransmitir en directo o Pleno do vindeiro 27 de abril a través das redes sociais municipais: a canle de YouTube do Concello e a súa páxina de Facebook, vinculando tamén a retransmisión ao portal da administración electrónica local, Gestiona, e á Sede Electrónica municipal.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.58

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.