Domingo, 22 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Viernes, 17 de Abril de 2020 Tiempo de lectura:
MOS

Repartidas as primeiras 1.000 mascarillas en Mos

Ao longo da xornada de hoxe entregáronse a domicilio 1.039 do total de 15.000 unidades que o Concello entregará á veciñanza sen que esta teña que saír da súa casa

Hoxe entregáronse en Mos, entre as 10 parroquias mosenses, as primeiras 1.039 mascarillas do total de 15.000 unidades que o Concello repartirá entre os seus habitantes.


A entrega realizada durante a xornada de hoxe en domicilios das diferentes parroquias foi levada a cabo por membros da Policía Local, Servizo Municipal de Emerxencias, Protección Civil de Mos, a alcaldesa mosense, Nidia Arévalo, e concelleiros e concelleiras do goberno local, traballadores/as municipais e voluntarios/as que decidiron colaborar coa administración local durante a presente crise do COVID-19.


Ao longo dos vindeiros días e semanas continuará este programa de entrega domiciliaria ata completar o reparto das 15.000 unidades que garantirán que non haxa ninguén sen mascarilla en Mos.


Desde o inicio da presente crise sanitaria a administración local mosense leva repartido un total de 2.180 mascarillas. Material que xa foi distribuído entre o persoal máis exposto ao virus durante a súa xornada laboral como son as os/as traballadores/as do Servizo de Axuda no Fogar, os/as axentes da Policía Local de Mos, Servizo Municipal de Emerxencias, voluntarios/as da Agrupación de Protección Civil, persoal de limpeza, e os profesionais mosenses que están a prestar servizos de primeira necesidade e traballando cara ao público (alimentación, panaderías, farmacias, estancos…) e que están a sufrir a carencia destes elementos de protección.


Ademais Garda Civil, Policía Local e Protección Civil de Mos realizaron tamén un reparto controlado de mascarillas entre a poboación en tránsito cara ao seu posto de traballo. Este material repartiuse desde ás 06.30 horas da mañá e distribuiuse ao igual que se fixo en moitos outros puntos do territorio nacional. No municipio mosense fíxose nas entradas a centros onde se poden aglomerar un gran número de traballadores como a rotonda Puxeiros e a rotonda da saída da estrada N-550 que dá acceso ao Polígono Industrial de Veigadaña.


Ademais desde o Concello de Mos traballouse duro para conseguir 15.000 mascarillas e repartilas a domicilio a todos e cada un dos habitantes do municipio. Repártense a domicilio para evitar que a veciñanza teña que saír da casa e as conseguintes colas de recollida.


A alcaldesa mosense Nidia Arévalo, declarou sentirse "moi preocupada porque todos/as os/as veciños/as saian á rúa protexidos no momento no que se poida rematar o confinamento, por iso quixemos ser previsores e preparar a entrega con tempo porque, aínda que temos semanas por diante, precisamos tempo para poder entregar as 15.000 unidades por todas as rúas, camiños, barrios e parroquias de Mos. Todos os habitantes mosenses recibirán a súa, aínda que deben ter paciencia porque o reparto é progresivo e paulatino".


Así mesmo infórmase de que, dado a escasez de existencias, resultou bastante complicada a obtención das 15.000 mascarillas para os 15.000 habitantes de Mos:


Precisáronse 3 bobinas de tea homologada: 2 bobinas foron adquiridas polo Concello nunha empresa especializada e 1 bobina foi doada pola devandita empresa, Tecfilter.


Trátase do mesmo textil que se emprega para a confección das mascarillas FFP2. Esta media filtrante está catalogada como ISO e PM1 80% segundo a ISO 16890 ou F9 segundo a 779:2012. É a que se utiliza nos filtros de ventilación de salas, na etapa inmediatamente anterior ás etapas HEPA - ULPA. Elixiuse esta media por ser unha media sintética, xa que a media utilizada en fíltros HEPA- ULPA é unha media fabricada en microfibra de vidro e que produce irritación de pel e mucosas, non compatible no seu uso para a fabricación de máscaras. Esta media ISO e PM1 80% , está certificada para un grao de retención do 95 % para partículas comprendidas entre 0,3 e 10 micras.


Son confeccionadas nunha empresa mosense do sector textil.


Trátase de Granlei, do empresario e veciño de Mos, Camilo Grandal, que ademais de ter doado xa unha cantidade importante de mascarillas, tamén fabrica agora este pedido, tras ter comprobado o bo traballo nas mascarillas previamente confeccionadas para a doazón.


O Concello mercou unha máquina de ozono para poder esterilizalas e ionizalas antes de repartilas. Dúas máquinas de ozono incorporáronse para a desinfección de dependencias e vehículos municipais (unha adquirida polo Concello de Mos e a outra lle foi doada a Protección Civil de Mos), ademais de usalas tamén para a esterilización das 15.000 mascarillas.


Embólsanse unha a unha antes da súa entrega. O reparto domiciliario a cargo de realízase seguindo escrupulosamente o Padrón municipal. Entregando en cada casa o número exacto de mascarillas, coincidindo co número de persoas empadroadas nesa dirección.


A este respecto a alcaldesa mosense, Nidia Arévalo, declarou que, "a pesar de que non é responsabilidade nin competencia municipal, desde esta administración local quixemos volcarnos nesta causa porque consideramos que todo esforzo é pouco pola seguridade e a saúde dos nosos veciños e veciñas nestes intres de crise sanitaria que estamos a vivir".


E concluiu insistindo en que "dada a escasez deste material sanitario de protección individual, desde o Concello tivemos que inxeniárnolas e, a través desta gran cadea de producción, lograr obter o tan ansiado e codiciado nestes días producto final, de xeito que finalmente conseguimos que os 15.000 veciños/as de Mos poidan ter as súas respectivas 15.000 mascarillas".

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.58

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.