GALICIA
A FCM denuncia que se empregue o persoal da construción como "ratas de laboratorio"
Logo de catro días (tres en realidade, pois o luns foi festivo de convenio) de retorno á "actividade normal" no sector, desde a Federación de Construción e Madeira da CIG pregúntanse que mudou realmente que xustifique o retorno da construción á actividade baixo unha falsa aparencia de normalidade, unha vez finalizado o "permiso retribuído recuperábel", eufemismo co que edulcorar a desregulación de xornada implantada polo Goberno español.
Se ben en certas empresas si se adoptaron medidas, en boa parte do sector seguen exactamente igual que antes da crise, facendo as viaxes ás obras amoreados nos mesmos vehículos, e sen distribuír os EPI necesarios, sexa por desidia ou por falta de abastecemento.
Falta de seguridade e nova avalancha de ERTE
"Polo que imos verificando", aseguran os responsábeis da Federación, "o sector aínda non reúne os mínimos elementos de seguridade que xustifiquen o retorno á actividade". Denuncian que a volta ao traballo foi precipitado e que ademais levou a que ou ben milleiros de traballadores/as volven a estar expostos/as ao virus, ou ben que as empresas iniciaron o que xa definen coma unha "segunda avalancha de ERTE", pois as comunicacións desta medida volveron a dispararse esta semana.
Non hai lugares onde comer nin durmir
Ademais, a FCM denuncia que por unha parte os operarios están obrigados a volver ás obras pero debido á paralización da hostalaría non teñen ningún sitio no que parar a comer nin, de ser necesario, a durmir. "Un día cómese un bocata, pero todos os días?". Ademais os operarios vense obrigados a comer nos vehículos ou nas obras, literalmente, enriba de taboleiros, sacos de cemento ou ata nunha pedra. "É absolutamente humillante e bochornoso, estase a tratar o noso sector coma as ratas de laboratorio da crise sanitaria, pois ao parecer no resto dos sectores non esenciais prevalece a saúde, mentres que na construción prima volver a facturar canto antes".
A patronal impartiu instrucións de violar o calendario laboral no seu beneficio
Por último, a Federación da Construción censura a carta enviada pola patronal da construción ás súas empresas asociadas con instrucións claras de traballar o pasado luns 13 de abril, festivo de convenio en todo o país, e usalo para comezar a devolver o permiso retribuído estabelecido polo Goberno español. "Esta orde é ilegal, pois un calendario laboral non pode modificarse sen acordo expreso das partes asinantes", nas que se inclúe a CIG. Agora, a "touro pasado", convocou ás partes a renegociar un novo calendario laboral o vindeiro martes, reunión coa que desde a CIG entenden que se pretende "branquear" unha decisión empresarial fraudulenta que xa se está aplicando de facto, e denuncian que segundo lles comentou a propia patronal tanto CCOO como UGT xa lles expresaran o seu apoio antes de sequera reunirse a Comisión Negociadora a valorar a proposta.
A central xa denunciara en marzo a insensibilidade da patronal, quen enviara outra misiva ás súas empresas asociadas opoñéndose á paralización total da actividade que esixía daquela a CIG, poucos días antes da paralización finalmente decretada polo Executivo central.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.116