GALICIA
UGT esixe test de COVID-19 a todos os traballadores do comercio galego
A Federación galega de Servizos, Mobilidade e Consumo (FeSMC-UGT-Galicia) esixe a realización de test de detección de COVID-19 a todos os traballadores e traballadoras do sector do comercio galego. O Sindicato lembra que desde o comezo da emerxencia sanitaria do COVID-19 as traballadoras e traballadores do sector de comercio, que desenvolven actividades esenciais, realizaron unha importante labor garantindo o abastecemento durante o período de confinamento.
Os establecementos comerciais (supermercados e grandes superficies) están a ser agora mesmo un dos lugares de maior interacción social e, polo tanto, deben ser unha prioridade á hora de tomar medidas co fin de diminuír o número de contaxios.
Desde UGT esiximos en todo momento que se extremasen as precaucións, dotando aos traballadores e traballadoras dos medios de protección necesarios, tanto pola súa propia seguridade, como pola dos clientes e, polo tanto, da sociedade no seu conxunto.
Comezan a ser frecuentes os casos de afectados polo virus entre o persoal dos centros. Por iso, cremos que é urxente a realización de test de detección. O contacto continuo e próximo, tanto cos clientes, como co persoal de loxística ou subcontratas, unido á falta en moitos casos do material de protección necesario, multiplica a situación de risco á que se ven expostos cada día.
Existe a obrigación de garantir a súa seguridade:
- Porque o seu labor é esencial.
- Porque non poden converterse en transmisores asintomáticos que os convertan nun foco de propagación do virus.
- Porque llo debemos.
Por todo isto, UGT solicita de forma urxente a realización de test de detección de Coronavirus a todo o persoal das empresas do sector de comercio de Galicia que se atopan prestando servizo durante o estado de alarma. Unha vez que se poida realizar a todo o persoal que traballa no ámbito hospitalario e colectivo de residencias, deberían de ser considerados, xunto cos corpos e forzas de seguridade do Estado, o colectivo máis sensible da sociedade pola súa actividade.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22