SALUD
Autocoidado para educadoras/es sociais que prestan servizos esenciais
O ámbito laboral é unha das dimensións vitais que máis inflúen no benestar das persoas. Se ben a profesión de educación social ten unha carga vocacional e de implicación persoal que leva consigo un alto grao de satisfacción persoal, tamén se trata de profesionais que se expoñen a moitos factores xeradores de estrés. As educadoras e educadores sociais, ao traballar dende a proximidade ás persoas, viven situacións de gran impacto emocional (permanente contacto co sufrimento humano por situacións de pobreza, vulnerabilidade, exclusión ou conflito; dilemas éticos; falta de recursos...)
Para afrontar estas situacións e minimizar o seu impacto negativo no propio benestar da/o profesional, o Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia está a levar a cabo unha actividade de autocoidado que as persoas colexiadas poden seguir a través da súa páxina web de forma gratuíta.
Precisamente neste momento de crise sanitaria, onde a educación social se reafirma como profesión esencial, poden agudizarse esas situacións que xeran desgaste profesional, esgotamento e frustración, ao que se lle poden sumar ademais outros factores como: inseguridade ante o contaxio, cambios organizativos no eido laboral, maiores dificultades de conciliación co peche dos centros educativos, etc. Cobra polo tanto maior importancia a necesidade de reforzar as capacidades de autocoidado persoal.
Este recurso que ofrece o colexio profesional está concibido como un espazo para a aprendizaxe e a reflexión, que chega a través de breves pílulas diarias en forma de vídeo, audio ou texto, que convidan á conexión co propio corpo e á reflexión sobre os coidados. É unha mirada cara dentro, focalizando a atención nas cuestións que incrementan o benestar propio e tomando conciencia dos efectos negativos do traballo diario para poder xestionalos adecuadamente.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.17