Domingo, 18 de Enero de 2026

Xornal21.es
Lunes, 20 de Abril de 2020 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A Deputación pide á Xunta que axilice a tramitación dos ERTES

Carmela Silva remitiu unha carta a Núñez Feijoo ante “ás numerosas queixas que trasládannos sobre a incomprensible lentitude dos procedementos en Galicia”

Ante a demanda dos sectores produtivos da provincia, especialmente o turístico, o sector servizos e as pemes,  a Deputación de Pontevedra instou hoxe ao presidente da Xunta de Galicia a revogar a orde do 31 de marzo pola que se duplica o tempo para a tramitación dos ERTES, “o que está a provocar unha incomprensible lentitude nos procedementos cando trátase dun instrumento fundamental para evitar máis perdas ou mesmo desaparicións de empresas”

 

A presidenta provincial, Carmela Silva, remitiu a semana pasada unha carta a Núñez Feijoo na que sinala que “con esta orde de dar 10 días para pronunciarse sobre a forza maior que alegan as empresas par acollerse a un ERTE, Galicia dobra os 5 días que teñen o resto das comunidades. Falamos de expedientes de cuxa resolución dependen os ingresos a conta que esperan moitas familias afectadas, engade a presidenta, e non podemos permitir que isto ocorra. A xente ten que recibir canto antes os recursos”.

 

Silva apela a que, “tendo en conta que a orde da Xunta está fundamentada en que o volume de solicitudes presentadas fai imposible a resolución de 5 días que marca o  Estado, o goberno provincial rógalle que arbitre medidas de reforzo de persoal, material e tecnolóxicas necesarias para dar cumprimento os prazos do  Real Decreto”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.