Domingo, 22 de Febrero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Domingo, 19 de Abril de 2020 Tiempo de lectura:
Mos

Mos incorpora tres cañóns de ozono para labores de desinfección

Un foi adquirido polo Concello e outros dous por Protección Civil grazas a doazóns económicas

Mos conta con tres cañóns de ozono de varias potencias  adquiridos con motivo da presente crise do COVID-19 para realizar diversas tarefas de desinfección.

 

Un destes tres cañóns foi adquirido polo Concello e outros dous pola Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Mos, grazas ás doazóns económicas do propietario e os usuarios do mosense Centro de Adestramento Crossfit "Molis Box", sito no Santiaguiño, parroquia de Guizán, e das empresas Orka Varela S.L. e Delineación y Proyectos C.B.

 

Os cañóns de ozono empregaranse para desinfeccións varias tales como as de todos os vehículos municipais da Policía Local, do Servizo Municipal de Emerxencias, do departamento de Vías e Obras, tractores...etc.; e todas as dependencias e instalacións municipais (segundo planning de prioridades elaborado).

 

Ademais utilízanse, segundo explica o Concello de Mos nun comunicado, "para labores de desinfección complementarias tales como a esterilización e ionización das 15.000 mascarillas encargadas polo Concello de Mos antes de repartilas entre os/as 15.000 veciños e veciñas do municipio mosense. E nalgún caso tamén de ser necesario en vivendas con positivos por COVID-19".

 

Os tres cañóns de ozono están dotados de temporizador, aportan vantaxes de proporcionar desinfección, eliminación de xermes  (bacterias, axentes patóxenos, microorganismos), desodorización, e osixenación do aire interior extra.

 

Ademais estes cañóns xeradores de ozono portatiles pódense utilizar en calquera habitación ou sala, ou en vehículos, non é necesario usar ningún produto adicional para o seu funcionamento e xeran 8.000 mg de ozono cada hora.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.58

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.