Mos
O BNG de Mos critica o reparto de "máscaras a domicilio"
Gustavo Barcia Seijo, Portavoz do Grupo Municipal do BNG ven de emitir un comunicado no que critica o reparto de marcarillas por parte "da equipa de goberno, en vez de respectar o confinamento, están de campaña na rúa"
Na nota de prensa remitida os medios de comunicación dende o BNG sinalan que "as distintas forzas políticas deberiamos esforzarnos por arrimar o ombreiro, facer propostas construtivas e chegar a acordos que permitan mitigar o impacto da crise". Aseguran dende o partido nacionalista que "esa foi, dende o primeiro momento, a actitude do BNG de Mos, pero dá a impresión de que outros partidos están tratando de obter réditos políticos deste periodo de confinamento".
Neste sentido, amósanse especialmente molestos polas "fotografías publicadas recentemente nas redes sociais, onde se podía ver a alcaldesa e as concelleiras e concelleiros do PP repartindo máscaras e alimentos polas vivendas do municipio, xeraron un enorme malestar entre a nosa militancia e no conxunto da veciñanza. As protestas chegaron dende distintos sectores da poboación e o Consello Local do BNG comparte plenamente esta indignación".
Barcia asegura que "temos que colaborar para superar esta crise" mentres que denuncia o reparto de "máscaras a domicilio"
Critican tamén que "os membros da equipa de goberno, en vez de respectar o confinamento, están de campaña na rúa e dende o BNG cremos que xa cruzaron todas as liñas vermellas. Primeiro tivemos que ver a militancia do PP facendo labores de voluntariado en nome do Concello de Mos, despois tivemos que escoitar á alcaldesa difundindo bulos sobre as restricións de mobilidade para atacar ao goberno do Porriño e agora, amosando unha total faltade escrúpulos, envía á súa xente a repartir as máscaras".
Por último Gustavo Barcia Seijo asegur que "xa o denunciamos en reiteradas ocasións sen conseguir que cambiaran de actitude, pero a súa xestión da crise do COVID-19 está poñendo a proba a paciencia da veciñanza. Por este motivo, esiximos que a alcaldesa de Mos e a súa equipa de goberno deixen de facer campaña por conta do coronavirus e que respecten as regras máis elementais do xogo democrático. Entre todas e todos temos que colaborar para superar esta crise, non é o momento de facer electoralismo. Xa pediremos responsabilidades cando todo isto pase".

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.58