Domingo, 18 de Enero de 2026

Xornal21.es
Martes, 21 de Abril de 2020 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A Xunta reparte 332.000 mascarillas entre as empresas da Provincia de Pontevedra

O Goberno galego quere chegar a enviar esta semana ata dous millóns deste material de protección que será repartido a través das confederacións de empresarios, colexios profesionais e clusters

A Xunta de Galicia, a través da Delegación territorial de Pontevedra e da Delegación territorial de Vigo, están a realizar un reparto de 332.000 mascarillas entre as pequenas e medianas empresas da provincia.

 

En total, o Goberno galego quere chegar a enviar esta semana ata dous millóns deste material de protección que será repartido a través das confederacións de empresarios, colexios profesionais e clusters.

 

Con esta medida,  Goberno galego pretende dotar do equipamento necesario ás empresas de cara a colaborar para que o persoal que volveu aos seus postos de traballos poidan contar co material necesario para garantir a súa seguridade sanitaria.   

 

Cabe destacar que o material está a ser facilitado ao mesmo prezo ao que o adquire a Xunta. Esta medida está sendo moi valorada polo beneficiarios ante a imposibilidade de que moitas empresas e autónomos poidan conseguir o material de protección necesario no mercado e a un prezo adecuado.

 

Este material vense a sumar ao que xa se está a enviar, dende fai semanas tanto a concellos como a residencias e entidades sociais.  

 

Este sistema de distribución foi un dos puntos aprobados o luns, 13 de abril, no seo da quinta reunión do Centro de Coordinación Operativa (Cecop), onde se indicou que o Goberno galego subministrará máscaras ás empresas e os autónomos que o soliciten. Este reparto de material de protección está chegando a sectores como o alimentario e as distribuidoras, a metalurxia, a construción, a enxeñería, a madeira, a pizarra e o granito, as enerxías renovables, as cooperativas agrarias, os call center, autónomos e comerciantes.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.