PROVINCIA
O GALP ría de pontevedra participa na Mesa Provincial do Turismo
O GALP Ría de Pontevedra participou esta semana na reunión telemática da Mesa Provincial do Turismo de Pontevedra xunto a representantes do sector público e privado da provincia, entre eles e elas, a Presidenta da Deputación de Pontevedra, a Directora de Turismo da Xunta de Galicia, o alcalde de Baiona e representantes dos concellos de Cangas, Pontevedra e Sanxenxo, a presidenta da Mancomunidade do Salnés e Alcaldesa de Meis, representantes do GALP Ría de Vigo, representantes da Ruta do Viño, o presidente do Clúster de Turismo, o presidente de FEPROHOS, a presidenta de AVITURGA, o presidente de AGAVI, a directora do aeroporto de Vigo e os directores dos Centros Integrados de Formación Profesional Manuel Antonio e Carlos Oroza.
OS GALPs presentes comprometéronse a cooperar en cantas accións se leven a cabo para beneficiar tanto ao sector turístico como ao pesqueiro, aos que seguen a axudar mantendo –na medida das súas posibilidades- a súa actividade.
Actualmente, os GALPs colaboran na realización dunha campaña de apoio ao sector pesqueiro e de promoción do consumo de peixes e mariscos locais. No tocante ao sector turístico, resaltaron o papel que están a desempeñar na promoción de novos establecementos como os albergues turísticos que está a financiar o GALP Ría de Vigo no Camiño da Costa.
Así mesmo, aproveitaron a reunión para invitar a colaborar a tódalas entidades participantes na mesa no proxecto de promoción da actividade turística desde o sector pesqueiro que están a desenvolver os tres GALPs provinciais (Ría de Pontevedra, Ría de Vigo – A Guarda, Ría de Arousa) e que, na actual situación, están adaptando ás novas condicións xeradas polo Covid – 19.
#EStoNOtienequePARAR
Durante o estado de alarma, o GALP Ría de Pontevedra contribúe á posta en valor do sector pesqueiro, marisqueiro, turístico e da restauración a través dunha serie de reportaxes sobre a actualidade da cadea de valor do produto do mar, e das estratexias da restauración para manter activo o sector. Nesta liña, aproveita as redes sociais para animar ás persoas consumidoras a apostar polos mercados, lonxas, restaurantes e negocios locais, sabedores da importancia de dar soporte aos pequenos e medianos promotores.
No seu afán por recoñecer publicamente, poñer en valor e dar apoio ás empresas, pemes, emprendedores, profesionais autónomos, startups, e organizacións que seguen a traballar, innovando, reinventándose e transformándose; o GALP Ría de Pontevedra vén de sumarse á campaña #EStoNOtienequePARAR, unha iniciativa impulsada por máis de 2.000 empresas que, xunto a Mercadona, queren recoñecer o importante labor de todos aqueles colectivos que son agora máis necesarios que nunca. Trátase do primeiro GALP galego en sumarse a esta iniciativa á que xa se adheriron profesionais de tódolos sectores, medios de comunicación, entidades da sociedade civil e cidadáns.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149