CORONAVIRUS | Galicia
Gonzalo Caballero pide á Xunta máscaras gratuítas para toda a poboación
Sobre as máscaras defectuosas enviadas polo Goberno Central a Galicia falou o líder do PSdeG. Gonzalo Caballero, pensa que "é necesario que todas as administracións extremen as precaucións".
O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, propuxo á Xunta un programa de provisión de máscaras de protección gratuítas para toda a poboación galega nas primeiras semanas do desconfinamento.
Gonzalo Caballero explicou que esta crise ten “distintas fases” e chamou a “prever” as medidas que hai que adoptar no escenario futuro, e nesta liña configurará un comité sanitario que estude e artelle as medidas e propostas nos distintos escenarios de evolución da crise do covid-19.
Por iso, cando xa comeza a albiscarse a fase de desescalada, e nun contexto no que Feijóo amosouse partidario de que a cidadanía use máscaras de protección, o líder do PSdeG pediu que a Xunta entregue de xeito gratuíto este material á cidadanía.
“Non ten un custe inasumible nin excesivo para os orzamentos da Xunta”, apuntou Gonzalo Caballero, quen defendeu que esta medida permitiría a todos os galegos acceder ás máscaras en condicións de igualdade.
“En moitos lugares aínda é difícil acceder ás máscaras”, sinalou o máximo dirixente do PSdeG, para quen se trata dunha iniciativa “equitativa” para protexer á cidadanía sen que teña que asumir novos custes.
Máscaras defectuosas

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22