MOS
Nidia Arévalo e outros alcaldes de Xeodestinos galegos reúnense coa Directora de Turismo
O encontro con Nava Castro aportoulles aos rexedores locais medidas sobre como afrontar o sector turístico durante a crise do COVID-19 e informounos das accións xa levadas a cabo pola administración autonómica durante as últimas semanas
A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, xunto con outros alcaldes e alcaldesas galegos/as de municipios integrantes de Xeodestinos Turísticos, participou esta semana coa Directora da Axencia Turismo de Galicia, Nava Castro, nunha reunión por videoconferencia sobre como afrontar o sector turístico nestes concellos durante a presente crise do COVID-19.
A Directora da Axencia deulles conta aos alcaldes e alcaldesas das principais actuacións realizadas desde a administración autonómica neste senso consistentes na posta en marcha e coordinación establecementos de garda , teleformación para profesionais do sector, reforzo da promoción do destino nas redes e elaboración dun plan de choque a esta crise sanitaria.
Respecto dos establecementos de garda poden ser consultada a listaxe dos mesmos en www.turismo.gal/covid19 e pódense incorporar novos establecementos no mail comunicacion.turismo@xunta.gal, onde tamén se recollerán altas e baixas dos establecementos. A coordinación do aloxamento farase no 986447060 e o enderezo mice@abramar.com.
Os requisitos que deberán reunir os establecementos de garda son contar coas infraestruturas necesarias para que os hóspedes desenvolvan nos seus espazos habitacionais as actividades de primeira necesidade, incluídas as necesidades básicas de alimentación, inclúese a posibilidade de que no propio establecemento se elaboren comidas para os usuarios, que neste caso deberán repartirse de xeito individualizado e sempre respectando as indicacións das autoridades sanitarias; estes establecementos non poderán superar o límite dun terzo da súa ocupación e deberán cumprir estritamente coas medidas de limpeza de hixiene recomendadas.
A teleformación gratuíta para profesionais do sector pretende mellorar as competencias de xestión dixital, comunicación e márketing con prioridade para: propietarios de pequenas e medianas empresas, traballadores de establecementos de restauración, aloxamentos e outros profesionais do sector. Nas primeiras iniciativas destas semanas, cubríronse as 200 prazas dispoñibles. Pode atoparse toda a información dos vindeiros cursos en ww.turismo.gal/formacion.
E tamén se baralla a posibilidade de crear unha rede de voluntarios vinculados co Camiño para conversas en idiomas (xa realizados os primeiros contactos con American Pilgrims, voluntarios de Canadá, Irlanda, Sudáfrica...)
Fíxose un reforzo do destino Galicia nas redes coa activación do microsite ‘Galicia, na túa casa’ (www.turismo.gal/Galicianaturacasa) con percorridos virtuais e tours 360º por máis de 70 igrexas e mosteiros, as 5 catedrais galegas, os museos, etc.
Ademais creouse unha nova liña de financiamento inmediata para PEMES e autónomos que avalará entre 3000 e 200.000 euros de importe por cada negocio e os beneficiarios disporán de prazos de amortización de ata 4 anos con 1 de carencia, cun máximo dun 1,50 por cento de xuros, que serán bonificados ao cento por cento pola Xunta, facéndose cargo deles. Toda a info en: https://ceei.xunta.gal/coronavirus/axudas-economicas.
No consello da Xunta informouse dun Plan de Choque do Turismo cun orzamento de 25 millóns para activar o sector turístico e cultural. Dado que o impacto da crise do coronavirus no sector turístico foi rápido e directo.
Desde a administración autonómica tamén lle trasladaron ao Estado medidas de necesidade urxente como axilizar os trámites para o cobro dos ERTEs e amplialos máis alá do fin do confinamento, e que sexa equiparable á apertura escalonada dos distintos establecementos e actividades turísticas e redución do IVE no sector turístico do 21% ao 10%, para mellorar a súa competitividade e favorecer así a liquidez das empresas, entre outras.
Nava castro informou tamén aos rexedores locais de que elaborarase un plan de seguridade sanitaria no eido turístico que permita reforzar a confianza neste sector unha vez rematen as restricións impostas por mor da crise sanitaria do coronavirus con medidas sanitarias e de hixiene adaptadas ás diferentes actividades e que conte coa participación de todos os axentes implicados. E por último reforzar o programa Elixe Galicia.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.58