GALICIA
A Xunta consulta as empresas para fabricar novos produtos para combater o Covid-19
O presidente do Goberno galego visitou a semana pasada en Silleda a empresa Arlit, que reorientou a súa actividade e vén de entregar ao Sergas máis de 30.000 pantallas protectoras faciais
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, visitou a semana pasada en Silleda a empresa Arlit, dedicada á impresión en gran formato sobre distintos tipos de superficie e que, ante a actual situación, reorientou a súa actividade e comezou a producir pantallas protectoras faciais, das cales entregou máis de 30.000 unidades ao Servizo Galego de Saúde (Sergas).
Precisamente a Xunta vén de activar, mediante a súa publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG), unha consulta ao tecido produtivo galego destinada a coñecer a dispoñibilidade das pemes galegas para acometer a fabricación de produtos que sirvan para combater o Covid-19.
Os resultados da sondaxe permitirán finalizar o deseño dunha nova liña de axudas que o Goberno galego activará nos próximos días para impulsar a produción en Galicia de medicamentos, tratamentos e equipamentos hospitalarios e médicos, entre outros bens destinados ao uso de persoal sanitario, de traballadores e da poboación en xeral.
A partir de mañá e ata o vindeiro mércores 29 de abril, as pemes galegas poderán comunicar, de xeito telemático, os proxectos que poderían acometer para a fabricación deste tipo de produtos e as súas características, así como as suxestións que consideran oportunas para incorporar na liña de apoios que se vai activar proximamente.
Esta consulta ás pemes galegas que se activa hoxe permitirá finalizar o deseño dunha nova liña de axudas destinada a apoiar a produción de medicamentos, tratamentos, equipos hospitalarios e médicos e outros bens
En concreto, o novo programa impulsará a produción polas empresas galegas de medicamentos -incluídas as vacinas- e tratamentos contra o Covid-19, produtos intermedios, ingredientes farmacéuticos activos e materias primas necesarias para a súa elaboración; produtos sanitarios, equipos hospitalarios e médicos -incluídos respiradores, roupa e equipos de protección e ferramentas de diagnóstico-, e as materias primas necesarias; desinfectantes; e ferramentas de recollida e/ou tratamento de datos. Os apoios previstos poderán acadar ata 800.000 euros.
Apoios para reorganizar a produción
Esta iniciativa súmase á convocatoria xa aberta para impulsar a reorganización produtiva das empresas galegas para facer fronte á emerxencia sanitaria, dotada con 2,5 millóns de euros. As axudas, de ata 100.000 euros e destinadas a pemes e autónomos, cubrirán o 75% dos investimentos e gastos que realicen as empresas para adaptar a súa produción á fabricación dos seguintes materiais: téxtiles sanitarios, equipos de protección individual (máscaras, cortinas, traxes, gorros, luvas e pantallas de protección persoal), kits e consumibles de diagnose, alcoles e desinfectantes sanitarios, dispositivos de intervención ou tratamento, ventiladores e as súas compoñentes, elementos para a desinfección e outros equipamentos necesarios para a prevención e loita contra o Covid-19 ou o tratamento da enfermidade.
Os proxectos que opten aos apoios terán que propoñer a subministración dunha primeira remesa de produtos antes do 30 de xuño e ser validados polo Comité de fabricación de equipamento sanitario, impulsado pola Xunta para xestionar a oferta e a demanda de subministración de equipamento, que a través da plataforma online Marketplace reúne xa as ofertas dun cento de empresas. Entre elas, está a empresa que, con máis de 20 anos de experiencia, visitou esta mañá o presidente da Xunta.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.180