MUNDO EMPRESA
O Clúster TIC de Galicia reparte máscaras de protección contra o Covid-19
A medida servirá para velar pola seguridade da saúde dun total de 1.855 profesionais do sector tecnolóxico, un dos máis activos e esenciais
O Clúster TIC de Galicia forneceu durante os últimos días 10.000 unidades de máscaras cirúrxicas de protección contra o Covid-19 entre as empresas socias, dentro das accións postas en marcha pola Xunta de Galicia, a través do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e do Servizo Galego de Saúde (Sergas), para facilitar o material sanitario necesario na loita contra o virus.
Un total de 35 empresas socias –21 na Coruña, 12 en Pontevedra, 1 en Lugo e outra en Ourense-, das 104 que forman parte do organismo solicitaron a entrega deste material para garantir a seguridade e defensa da saúde dun global de 1.855 traballadores.
Con esta medida búscase dotar do equipamento fundamental ás empresas do sector tecnolóxico, que se converteu nun dos máis activos e esenciais durante a pandemia, tanto á hora de ofrecer soporte ás infraestruturas e servizos de comunicación, fundamentais para garantir condicións estables e seguras de teletraballo na administración pública e o sector privado, como para achegar solucións innovadoras que contribúan a saír da actual crise sanitaria.
A previsión é que esta subministración poidan ter unha continuidade nas próximas semanas para manter no tempo a protección dos profesionais que permaneceron ou se reincorporaron aos seus postos de traballo.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.170